Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 21 de enero de 2012

Manu e Toni voltan a darnos alegrías


                                           Foto xentileza de Juan Fernández




Os nosos ciclistas continúan a dar boas novas e no caso de Toni Portela era éste venres cando no correo electrónico do Club Ciclista O Rosal se recibía un correo no que se nos comunicaba a sú convocatória coa Selección Española da categoría Júnior para unha concentración en Segovia do 1 o 5 de fevreiro o que sen dúvida confirma que os nosos ciclistas tamén contan a nivel nacional.
Pola sua banda Manuel González quere despedirse da categoría Júnior de Ciclocróss por todo o alto e mostra delo e a xira que está a facer por terras castellanas e vascas. Comenzaba o pasado 14 de xaneiro na viscaiña localidade de Bérriz donde acadaba un espléndido 6º posto, pero no día de hoxe no III  Memorial José Luís Talamillo en Burgos, o bó de Manu poñíase as pilas e voltaba o mais alto do Pódio cunha vitória na que deixaba claro que o que aconteceu nos Campionatos de España e de Galicia non foi por casualidade e que está nun grande estado de forma o vencer cunha vantaxe de 1 minuto e 8 segundos sobre o segundo clasificado que non era outro que o recentemente proclamado Subcampión de España José Manuel Ribera Francés (Comunidade Valenciana).
No día de mañán Manu vai continuar coa sua xira e vai competir de novo en terras de Viscaia concretamente na localidade de Ispaster donde contamos que Manuel volte a estar nos primeiros postos.

1 comentario: