Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 22 de enero de 2012

4º posto de Manuel González en Ispaster (Viscaia)



Como xa comentábamos no día de onte, Manu respondeu as espectativas e voltou a estar nos primeiros postos no sempre dificil território do País Vasco xa que alí os corredores da casa soen ser os que se levan os primeiros postos pero o corredoer do Club Ciclista O Rosal non se enrrugou e acadou éste 4º posto que poñía así fin a unha incríble tempada de Ciclocróss na que dominóu o Calendário Galego gañando todas as carreiras agás a do 35º Trofeo Horacio Barros de Porriño que foi gañada polo seu compañeiro Toni Portela e na que Manu fixo segundo; logo proclamaríase Campión de Galicia, Medalla de Bronce na Taça de Portugal que non venceu por faltar as dúas derrradeiras carreiras que coincidian co calendário español, Medalla de Bronce xunto co seu compañeiro Raúl no Campionado de España na modalidade de Relevos representando a Selección de Galicia e 4º no mesmo Campionato de España en Individual despóis da histórica carreira que disputóu. Só foi mágoa que a piques estivo de acudir o Mundial que se celebra a vindeira semana en Bélxica pero so acudirán tres ciclistas da categoría Júnior e Manuel quedóuse as portas.
Felicitacións os integrantes do C.C. O Rosal pola inesquecible tempada de Ciclocróss que realizaron e que foron Andrés, Cristóbal e Raul en Cadetes e Alex, Manu e Toni en Júnior.
De esquerda a dereita: Cristóbal, Andrés, Manu, Raúl, Toni e Alex equipo de Ciclocróss 2011-2012 do C.C. O Rosal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario