Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 4 de agosto de 2013

NOVA VITORIA DE YASIR E PODIOS TAMEN PARA IREA E LUÍS EN NEGREIRA

Na tarde de onte os nosos ciclistas disputaban o I TROFEO C.C. NEGREIRA (A CORUÑA) e en Benxamíns Yasir voltaba a vencer de forma clara mentras que o seu compañeiro Luís Mendez tamén cunha gran actuación, acompañabao no Pódio co segundo posto mentras que Adrian Alonso era 15º. En Féminas Sara Alvarez que desta volta cometía dous erros, remataba 4ª.
En Alevíns chegaba o outro Pódio cunha gran Irea Villa que acadaba o 2º posto en Feminino e en Masculino David Fletcher remataba 7º e Iago Alvarez 13º.
En Infantís 17º posto para Manuel Dorna e 31º para Fran Mendez.
Os Cadetes eran os encarregados de rematar a tarde i Ero Sobrino acadaba o 17º e Xoel Villa o 24º mentras que en Feminino Zaida González remataba 4ª.

 CAMPIONATO DE GALICIA EN ESTRADA
Por outra banda na mañán de hoxe en Carballo era a a disputa do CAMPIONATO DE GALICIA EN ESTRADA o que nos levaba alí e as cousas non sairon como se espraba, pois a idea era a de voltar con algún Pódio pero non foi así.
En Cadetes Feminino Zaida remataba 4ª mentras que en Masculino Ero acadaba o 16º posto e Xoel o 27º.
En Júnior Antonio Portela remataba nun óptimo 6º posto mentras que Raúl Fernádez se facía co 19º.
Fotos de Negreira
Fotos de Carballo

No hay comentarios:

Publicar un comentario