Na tarde de onte sábado en Ponteareas co gallo do Trofeo Festas de Setembro, David Rodríguez acadaba a súa primeira vitória da presente tempada acompañado do seu compañeiro de equipo Luís Mendez na categoría de Benxamíns. Así é como quedaban o resto dos rosaleiros: Adrián Alonso 9º, Sara Alvarez 10ª,
Sergio Vicente 16º, Iker Rodríguez 18º, Yasir Martínez 32º despois de sofrir unha caída e pechaba David Vicente no 42º posto.
En Alevíns o millor clasificado era David Fletcher no 7º posto seguido de Iago Alvarez 8º, Mario Fernández 15º e Irea Villa 35ª.
Os Infantís Manuel Dorna e Fran Mendez remataban 21º e 34º respectivamente mentras que en Cadetes Ero Sobrino remataba 19º e Xoel Villa 22º.
Suliñamos que a Infantíl María Correa e a Cadete Zaida González decidiron non tomar a saída en sinal de protesta por non haber clasificación para as Féminas.
Fotos da carreira
No hay comentarios:
Publicar un comentario