Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 29 de septiembre de 2013

VITORIAS DE ANTONIO PORTELA EN OROSO E DE YASIR MARTINEZ EN LUGO



Na tarde de onte disputábase o I TROFEO CONCELLO DE OROSO de categoría Júnior e Toñi Portela facíase cunha merecida vitória o cruzar a liña de meta en solitario mentras que Raúl Fernández era 9º.
Xa na mañán de hoxe no G.P. SAN FROILÁN DE LUGO o propio Portela encamiñabase de novo a pola vitória cando por mor do asfalto mollado e nunha das curvas do circuito, íase o chan vendose obrigado o abandono polos problemas mecánicos sofridos na súa "máquina".
En Cadetes Ero Sobrino acadaba o 25º posto e Xoel Villa o 26º mentras que en Féminas Zaida González era 5ª.
O Infantil Fran Mendez facíase co 26º posto e a súa compañeira de equipo María Correa era 2ª en Féminas.
En Alevíns Irea Villa era a nosa única representante e colleitaba o 2º posto en Féminas.
Remataban os Principiantes e os dous representantes rosaleiros subían o "caixón" con Yasir Martínez no 1º posto e Luís Mendez no 2º.
Coa disputa desta carreira de Lugo poñíase fin a tempada 2013 para as categorías de Escolas e Cadetes mentras que os Júnior rematarán si a climatoloxía o permete o vindeiro sábado en Porriño e en breve dará comenzo a tempada 2013-2014 de Ciclocróss para os Cadetes Ero, Xoel e Zaida e para o Júnior Raúl.
Fotos de Oroso
Fotos de San Froilán

No hay comentarios:

Publicar un comentario