Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 15 de septiembre de 2013

VITORIA DE MARÍA E PRIMEIRO PÓDIO DE IKER ACOMPAÑADO DE DAVID CARNERO


Na tarde de onte sábado no 36º Trofeo Festas do Cristo de Porriño, Iker Rodríguez recibía o seu millor regalo de cumpreanos pois con sete anos e unha semana acadaba o seu primeiro Pódio o rematar 2º na categoría de Benxamíns acompañado doutro sorprendente compañeiro como é David Carnero que se facía co 3º posto seguido dun pletórico Adrian Alonso 5º, Yasir Martínez 6º, David Rodríguez 8º, Luis Mendez 9º, Rubén Carnero 11º, Sara Alvarez18ª e segunda Fémina, David Vicente 29º e o seu irmán Sergio 30º.
Na categoría de Alevíns, Mario Fernández por un chisquiño non subía o Pódio e tiña que conformarse co 4º posto, o mesmo que David Fletcher que remataba 6º e Iago alvarez que facía 12º. En Féminas Irea Villa de novo remataba no 2º posto por detrás de Carla Fernández (C.C. Vigués).
Remataban os Infantís e de novo María Correa acadaba a praza máis alta do caixón o rematar primeira nas Féminas mentras que en Masculino Manuel Dorna se facía co 9º posto e Fran Mendez co 28º.
Mentras tanto en Ribadeo o Júnior Antonio Portela remataba no 6º posto do  XXXI Circuito Ribadense.
Fotos de Porriño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario