Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 8 de septiembre de 2013
YASIR E MARÍA ACADAN OS PRIMEIROS POSTOS EN LUGO
Tres novos Pódios foi o "botín" acadado polos nosos ciclistas no 50º GRAN PREMIO MILAGROSA que se disputou na tarde de onte na cidade de Lugo.
Os Principiantes voltaban a estar a altura do esperado e Yasir Martínes facíase coa vitória mentras que Luis Mendez colleitaba o 3º posto e Adrian Alonso o 10º.
Os Alevíns Mario Fernández e David Fletcher voltaban a estar moi perto do Pódio o rematar 6º e 7º respectivamente mentras que en Féminas Irea Villa remataba 4ª.
En Infantís Manuel Dorna acadaba o 16º posto e Fran Mendez o 26º mentras que en Féminas a vitória voltaba para O Rosal da man de María Correa.
Remataban os Cadetes e despois de ir toda a carreira no grupo de cabeza, Ero Sobrino acadaba o 16º posto no esprint final mentras que Xoel Villa moito mais retrasado remataba 38º. Zaida González en Féminas acadaba o 4º posto.
Por outro lado Antonio Portela que se atopa disputando a Vuelta Ciclista a La Rioja Júnior, no día do venres remataba 42º e onte sabado milloraba e remataba 22º o que lle permia escalar ata o 16º posto da Clasificación Xeral desta carreira que remataba hoxe domingo cunha etapa de 98,8 Kms con saida e meta na localidade de Arrubal na que finalizaba 18º e 21º na Xeral.
Fotos da carreira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario