Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 31 de agosto de 2014

ZAIDA SOBE O PODIO EN VIGO

Sin apenas tempo para recuperarse da carreira de onte en Lugo, hoxe as 8:30 horas da mañan os nosos Cadetes xa se atopaban na Praza da Porta do Sol en Vigo para competir no XLI GRAN PREMIO CICLISTA CIDADE DE VIGO que constaba dunha Crono escalada dende a Porta do Sol até o Alto do Castro de 3,5 km. E doutra proba en liña nun circuito nas contornas do Castro.

En Cadete Femenino, Zaida González hoxe sí que recibía a sua recompensa o facerse co segundo posto do “caixón” o rematar segunda nas duas especialidades.
En canto os seus compañeiros masculinos e a falta da clasificación da proba en liña, na Crono Ero Sobrino remataba 26º, Manuel Dorna 28º e Xoel Villa 35º.

YASIR VOLTA A DEMOSTRAR A SUA SUPREMACIA


51º Gran Premio da Milagrosa (Lugo) disputado na tarde de onte sabado donde Yasir Martínez voltou a vencer na categoría de Principiantes de maneira moi clara e continúa a contar as suas carreiras por vitórias.

En Alevíns, gran carreira de Iago Alvarez que cando dominaba a carreira, na derradeira curva íase o chan rematando na 8ª posición mentras que Luis Mendez era 19º, Adrian Alonso 29º e a Fémina Irea Villa era 5ª.

En Infantís era Mario Fernández o representante masculino co 31º posto mentras que a Fémina María Correa remataba terceira da categoría.

Os Cadetes voltaban a estar a gran altura dominando a carreira por momentos para o final rematar Ero Sobrino no 15º posto, Xoel Villa no 20º e Manuel Dorna no 24º mentras que a Fémina Zaida González se facía coa vitória pero que o igual que María non tiña o seu recoñecemento o non haber Pódio para as féminas.

Remataba o Júnior Raúl Fernández que liderou a carreira en varias fases da mesma para rematar o esprint no 6º posto.

sábado, 23 de agosto de 2014

OUTRA GRAN XORNADA DOS PRINCIPIANTES


Chegaron, observaron, competiron e arrasaron.
Iso foi o que fixeron os Principiantes do Club Ciclista O Rosal xa que os cinco participantes entraron nos sete primeiros postos no XIX TROFEO CICLISTA FESTAS DE VIGO disputado nos arredores do IFEVI.

A vitória era de novo para Yasir Martínez seguido no segundo posto por David Rodríguez. Aquí colabansenos dous integrantes do C.C. Barbanza e de novo os rosaleiros cos irmans Carnero Taveira nos postos 5º e 6º para Rubén e David respectivamente o 7º posto para Iker Rodríguez.

En Alevíns chegaba outro Pódio para Iago Alvarez no 3º posto, Luis Mendez remataba 13º e Adrian Alonso que sofría unha caída remataba 32º.
A Fémina Laura Teniente tamén conquistaba o 3º posto que lle daría dereito o Pódio.

En Infantís Mario Fernández facíase co 22º posto e Fran Mendez co 34º.
Fotos da carreira

jueves, 21 de agosto de 2014

BTT I TROFEO E.M. BEMBRIVE (VIGO)


Os nosos deportistas non descansaron e durante a semana oubo duas competicións nas que competiron.

En primeiro lugar foi a Cadete Zaida González que no martes 19 competía coa Selección Galega na Copa de España en Xátiva (Valencia) e donde acadaba un grandísimo sexto posto.

No día de onte varios dos nosos ciclistas asistían o I Trofeo Entidade Local Menor de Bembrive (Vigo) de BTT (bicicleta de montaña) e pese a ser unha especialidade descoñecida para a meirande parte deles, os resultado foron moi positivos cun Pódio incluído.

Comenzou Iker Rodríguez na categoría de Promesas que remataba nun inesperado 11º posto
En Principiantes; Yasir Martínez tamén remataba nun óptimo 23º posto.

Pasamos os Alevíns donde Adrian Alonso remataba 33º e Irea Villa 10ª Fémina.
En Infantís Mario Ferández faríase co 17º posto mentras que María Correa era 7ª Fémina

Remataban os Cadetes cunha boa prestación xa que Xoel Villa remataba 9º i Ero Sobrino 10º mentras que Zaida se facía co terceiro posto do Pódio en Féminas.
Fotos de Bembrive.

domingo, 17 de agosto de 2014

XV TROFEO VILA DE LUOU



Con tan só oito representantes asistimos na mañán de hoxe o XV Trofeo Vila de Luou (Teo) o que non foi impedimento para traer para O Rosal outro posto de honra co terceiro posto da Alevín Laura Teniente seguida da sua compañeira Irea Villa no 4º posto. En Masculino Luís Mendez remataba no 14º posto.

En Infantís Fran Mendez remataba 29º e a fémina Maria Correa con problemas fisicos retirabase da carreira

En Cadetes Ero Sobrino era o millor clasificado rematando no 22º posto mentras que Xoel Villa e Zaida González eran baixados da carreira o quedar descolgados.
Suliñar que Zaida mañán luns vai partir coa selección Galega cara a Xátiva (Valencia) para participar na Copa de España.

No Día de onte o Júnior Raúl Fernández que se atopaba por terras palentinas para competir no XXXV GRAN PREMIO VILLA DE CERVERA sofría unha inoportuna avería mecánica lle impedía rematar mais alá do 51º posto.

sábado, 16 de agosto de 2014

TRES VITÓRIAS EN REDONDELA





No I TROFEO CONCELLO DE REDONDELA @s integrantes do Club Ciclista O Rosal colleitaron cinco novos pódios dos cales tres foron primeiros, un segundo e un terceiro.

Comenzaban como e habitual os principiantes e de novo o gran favorito Yasir Martínez non defraudaba e alzábase cunha nova vitória seguido do seu compañeiro Rubén Carnero que regresaba o Pódio co 2º posto e de David Rodríguez que co terceiro millor tempo cometía un erro que lle custaba rematar no 4º posto. David Carnero remataba nun gran 6º posto, o mesmo que Iker Rodríguez que remataba 15º.

En Alevín a protagonista da xornada era Laura Teniente que en Femenino despois de marchar toda a carreira en terceira posición, nos derradeiros trescentos metros lanzaba un demoledor ataque que lle servía para facerse coa vitória e o mesmo tempo estrearse no mais alto do “caixón” nesta categoría. Irea Villa remataba 4ª e Sara Alvarez 5ª mentras que en Masculino, Iago Alvarez sofría unha caída na primeira volta e remataba a carreira na 8ª posición. Luís Mendez era 11º e Adrian Alonso 27º.

En Infantil Mario Fernández remataba 19º e Fran Mendez 30º mentras que a Fémina María Correa ofrecíanos outro Pódio o rematar 3ª.

En Cadetes gran vitória da Fémina Zaida González que dominou toda a carreira  quitandolle unha volta as acompañantes de Pódio. En Masculino Manuel Dorna que nos deleitaba con outra gran carreira, remataba 9º mentras Ero Sobrino sería 16º e Xoel Villa 18º.

Pola súa banda o Júnior Raúl Fernández remataba 8º pensando un chisquiño na carreira que disputa no día de hoxe en Palencia.

jueves, 14 de agosto de 2014

LA VUELTA 2014 PODEMOS VELA POR O ROSAL




O venres 12 de setembro a 19ª etapa da Vuelta Ciclista a España de 180,5 km. (Salvaterra de Miño- Cangas do Morrazo) pasa por O Rosal.

Entrará no noso concello por Tabagón pasando por Pías cara A Guarda. Na saida da A Guarda xiro a dereita a Sete Camiños e xiro a esquerda  cara O Castro entrando de novo en O Rosal por Pancenteo seguindo por Marzán e en Novás, xiro a dereita no cruce da Barrosa cara a Capela de Santa Ana (Sandián). No cruce de Villa xiro a esquerda pola rúa Ramón Franco pasando polo Calvario, Fornelos e abandonando de novo O Rosal cara Torroña.

Sen dúbida que é outra grande oportunidade de poder gozar do ciclismo de nivel mundial.

domingo, 10 de agosto de 2014

NOVOS PODIOS NO G.P. DO ALBARIÑO EN CAMBADOS


Rubén Carnero, Iago Alvarez, Laura Teniente, María Correa e Zaida González de novo voltaron a postos de Pódio, ainda que no caso das Feminas foi sin recompensa, xa que tan só había premio para a primeira de cada categoría.

Comenzaron os Principiantes e aquí chegaba o primeiro "caixón" co segundo posto de Rubén Carnero, mentras que os seus compañeiros quedaban como segue: Sergio Vicente 6º, David Carnero 7º, David Rodríguez 15º, Iker Rodríguez 17º e David Vicente 36º.

En Alevíns outro segundo posto que chegaba das mans de Iago Alvarez. Adrian Alonso remataba no 42º posto. En Féminas acadábase outro segundo posto con Laura Teniente, mentras que Irea Villa era 5ª e Sara Alvarez 6º.

O Infantíl Mario Fernández Remataba 21º mentras que a Fémina María Correa acadaba o terceiro posto.

Gran carreira dos Cadetes que loitaron como poucas veces e en especial Manuel Dorna que na meirande parte da mesma foi sempre encabezando o Pelotón
O millor clasificado sería Xoel Villa 19º, Manuel 20º i Ero Sobrino que sofría unha caída remataba 26º.
A Fémina Zaida González acadaba outro posto de Pódio o rematar 2ª.

O Júnior Raúl Fernández despois da sua gran Volta a Pamplona, presentábase en Cambados como un dos favorítos a vitória e a piques estaba de conseguilo o entrar na liña de meta no 4º posto nun apretadísimo esprint final.
Fotos da carreira

jueves, 7 de agosto de 2014

OUTRA GRAN VOLTA POR ETAPAS DE RAUL FERNANDEZ

Sen dúbida que a Raúl lle van as Voltas por etapas como demostrou a semana pasada na Volta a Portugal e antesdonte, onte e hoxe na XXVIII Vuelta a Pamplona Júnior.

Na primeira etapa entraba no Gran Pelotón a 1:06 do gañador para xa no día de onte ir escalando posicións o rematar a etapa no 10º posto e ascender ata a 18ª na Clasificación Xeral.

O día de hoxe rematabao ao grande o cruzar a liña de meta no 4º posto a 56 segundos do gañador e co mesmo tempo que o 2º e 3º clasificados o que lle valía para de novo escalar posicións na Xeral e rematar nun grandísimo 5º posto a 56 segundos do Líder e a tan só cuatro segundos do Pódio.

A Xunta Directiva do Club Ciclista O Rosal séntese orgullosa de Raúl  que vai espallando o nome de O Rosal  pola xeografía Ibérica. Os nosos parabens a éste Grande do Ciclismo Rosaleiro.

domingo, 3 de agosto de 2014

GRANDÍSIMA VOLTA A PORTUGAL JÚNIOR DE RAÚL FERNÁNDEZ

De impresionante podemos calificar a demostración de Raúl na Volta Ciclista a Portugal Júnior disputada estes derradeiros tres días defendendo as cores da Selección Galega.

Comenzou a primeira etapa entre Penafiel e Maia cun percorrido de 92,9 Km.e Raúl remataba nun grande sprint final no 35º posto co mesmo tempo que o gañador.

A segunda etapa xa nos collía un chisco mais preto o disputarse entre Esposende e Braga cun percorrido de 104,6 Km.con varios portos de montaña entre os que podíamos contar dúas subidas o Bom Jesús e demostrando que a Raúl se lle daba ben a montaña, remataba nun fermoso 14º posto a 55 segundos do vencedor.

Onte domingo era a derradeira etapa na que se iban dilucidar os postos altos da clasificación e de certo que Raúl non defraudaba os seus seguidores e voltaba a demostrar o ben que se desenrolaba como "escalador" nesta Volta xa que nunha etapa de 95,7 Km. entre Vieira do Minho e a Serra do Larouco (Montalegre) coa meta situada a 1.500 metros de altitude e baixo a "segunda versión do Dilúvio Universal" (ver fotos), remataba no 9º posto a 40 segundos o que lle valía para finalizar ésta Volta a Portugal na mesma 9ª posición da Clasificación Xeral a 1:27 de André Crispim (Clube de Ciclismo José María Nicolau) que foi o gañadpr da Volta cun tempo de 8:05:39.
Fotos da Volta

DOUS SEGUNDOS POSTOS E UN TERCEIRO EN CAMBRE

Tres novos Pódios foi o botín colleitado pol@s integrantes do club Ciclista O Rosal na tarde de onte no   XV G.P.Concello de Cambre.
Comenzou a Alevín Irea Villa que quedaba baistane descolgada con respecto a cabeza de carreira, pero que era suficiente para conseguir o segundo posto en Féminas.
En Infantíl Feminino chegaría outro posto de honor, da man de María Correa que se facía co terceiro posto mentras que o seu compañeiro Mario Fernández remataba 15º.
Pechábase a competición coa categoría Cadete donde a Fémina Zaida González tamén traía para O Rosal outro posto de Pódio no segundo peldaño do "caixón". En Masculino Ero Sobrino remataba a carreira no 21º posto, Xoel Villa no 29º e Manuel Dorna no 30º.
Fotos da carreira