Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

jueves, 21 de agosto de 2014

BTT I TROFEO E.M. BEMBRIVE (VIGO)


Os nosos deportistas non descansaron e durante a semana oubo duas competicións nas que competiron.

En primeiro lugar foi a Cadete Zaida González que no martes 19 competía coa Selección Galega na Copa de España en Xátiva (Valencia) e donde acadaba un grandísimo sexto posto.

No día de onte varios dos nosos ciclistas asistían o I Trofeo Entidade Local Menor de Bembrive (Vigo) de BTT (bicicleta de montaña) e pese a ser unha especialidade descoñecida para a meirande parte deles, os resultado foron moi positivos cun Pódio incluído.

Comenzou Iker Rodríguez na categoría de Promesas que remataba nun inesperado 11º posto
En Principiantes; Yasir Martínez tamén remataba nun óptimo 23º posto.

Pasamos os Alevíns donde Adrian Alonso remataba 33º e Irea Villa 10ª Fémina.
En Infantís Mario Ferández faríase co 17º posto mentras que María Correa era 7ª Fémina

Remataban os Cadetes cunha boa prestación xa que Xoel Villa remataba 9º i Ero Sobrino 10º mentras que Zaida se facía co terceiro posto do Pódio en Féminas.
Fotos de Bembrive.

No hay comentarios:

Publicar un comentario