Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
sábado, 23 de agosto de 2014
OUTRA GRAN XORNADA DOS PRINCIPIANTES
Chegaron, observaron, competiron e arrasaron.
Iso foi o que fixeron os Principiantes do Club Ciclista O Rosal xa que os cinco participantes entraron nos sete primeiros postos no XIX TROFEO CICLISTA FESTAS DE VIGO disputado nos arredores do IFEVI.
A vitória era de novo para Yasir Martínez seguido no segundo posto por David Rodríguez. Aquí colabansenos dous integrantes do C.C. Barbanza e de novo os rosaleiros cos irmans Carnero Taveira nos postos 5º e 6º para Rubén e David respectivamente o 7º posto para Iker Rodríguez.
En Alevíns chegaba outro Pódio para Iago Alvarez no 3º posto, Luis Mendez remataba 13º e Adrian Alonso que sofría unha caída remataba 32º.
A Fémina Laura Teniente tamén conquistaba o 3º posto que lle daría dereito o Pódio.
En Infantís Mario Fernández facíase co 22º posto e Fran Mendez co 34º.
Fotos da carreira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario