No I TROFEO CONCELLO DE REDONDELA @s integrantes do Club Ciclista
O Rosal colleitaron cinco novos pódios dos cales tres foron primeiros, un
segundo e un terceiro.
Comenzaban como e habitual os principiantes e de novo o gran
favorito Yasir Martínez non defraudaba e alzábase cunha nova vitória seguido do
seu compañeiro Rubén Carnero que regresaba o Pódio co 2º posto e de David Rodríguez
que co terceiro millor tempo cometía un erro que lle custaba rematar no 4º
posto. David Carnero remataba nun gran 6º posto, o mesmo que Iker Rodríguez que
remataba 15º.
En Alevín a protagonista da xornada era Laura Teniente que
en Femenino despois de marchar toda a carreira en terceira posición, nos
derradeiros trescentos metros lanzaba un demoledor ataque que lle servía para
facerse coa vitória e o mesmo tempo estrearse no mais alto do “caixón” nesta
categoría. Irea Villa remataba 4ª e Sara Alvarez 5ª mentras que en Masculino,
Iago Alvarez sofría unha caída na primeira volta e remataba a carreira na 8ª
posición. Luís Mendez era 11º e Adrian Alonso 27º.
En Infantil Mario Fernández remataba 19º e Fran Mendez 30º
mentras que a Fémina María Correa ofrecíanos outro Pódio o rematar 3ª.
En Cadetes gran vitória da Fémina Zaida González que dominou
toda a carreira quitandolle unha volta
as acompañantes de Pódio. En Masculino Manuel Dorna que nos deleitaba con outra
gran carreira, remataba 9º mentras Ero Sobrino sería 16º e Xoel Villa 18º.
Pola súa banda o Júnior Raúl Fernández remataba 8º pensando un
chisquiño na carreira que disputa no día de hoxe en Palencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario