Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 31 de agosto de 2014

YASIR VOLTA A DEMOSTRAR A SUA SUPREMACIA


51º Gran Premio da Milagrosa (Lugo) disputado na tarde de onte sabado donde Yasir Martínez voltou a vencer na categoría de Principiantes de maneira moi clara e continúa a contar as suas carreiras por vitórias.

En Alevíns, gran carreira de Iago Alvarez que cando dominaba a carreira, na derradeira curva íase o chan rematando na 8ª posición mentras que Luis Mendez era 19º, Adrian Alonso 29º e a Fémina Irea Villa era 5ª.

En Infantís era Mario Fernández o representante masculino co 31º posto mentras que a Fémina María Correa remataba terceira da categoría.

Os Cadetes voltaban a estar a gran altura dominando a carreira por momentos para o final rematar Ero Sobrino no 15º posto, Xoel Villa no 20º e Manuel Dorna no 24º mentras que a Fémina Zaida González se facía coa vitória pero que o igual que María non tiña o seu recoñecemento o non haber Pódio para as féminas.

Remataba o Júnior Raúl Fernández que liderou a carreira en varias fases da mesma para rematar o esprint no 6º posto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario