Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 28 de diciembre de 2014

OS IRMANS FERNÁNDEZ LORENZO CONQUISTAN DUAS MEDALLAS NOS CAMPIONATOS DE GALICIA



Non foi todo o redondo que agardábamos pero damonos por moi satisfeitos cos resultados acadados nestes Campionatos de Galicia de Ciclocróss disputados na mañan de oxe domingo na localidade ourensá de Maceda .
Comenzaba a Fémina Cadete María Correa e ainda que nunca tivo opción de loitar polo Pódio, sí foi quien de  acadar a cuarta plaza destes Campionatos o mesmo que a Júnior Zaida González que tamén un chisco afastada do terceiro posto traia para O Rosal outro cuarto.

Era logo a volta dos Infantís e Mario Fernández a piques estaba de facerse co primeiro posto pois comandaba a carreira con escasos metros de vantaxe e no esprint final sería o seu rival o que que levaba a vitoria quedandose Mario co segundo posto.

Rematarían os Junior, Sub 23 i Elites. Xoel Villa entraba na meta no 13º posto i Ero Sobrino no 14º da categoría Júnior.
Nesa mesma carreira o espectaculo nolo brindaba de novo Raúl Fernández que a pesar de ser debutante na categoría de Sub 23, pelexou toda a carreira polos primeiros posto para o final acadar unha Medalla de Bronce que lle fai honra o seu pundonor.

Estes Campionatos de Galicia poñían o peche a tempada do Calendario Galego de Ciclocróss e agora so nos queda disputar os Campionatos de España en Gijón dentro de duas semanas e tamén rematar a Copa de Portugal.

domingo, 21 de diciembre de 2014

EXIBICIÓN DOS IRMANS FERNÁNDEZ LORENZO EN PORRÑO






Nunha mañán agradable, oxe no Velódromo de Porriño voltábamos a cita co Ciclocróss e dende alí os nosos integrantes traían pasra O Rosal outros tres Pódios.

Comenzábase coa categoría de Promoción con Iago Alvarez que remataba no 11º posto mentras que o seu compañeiro Mario Fernández se facía cunha traballadísima vitória a base de loitar dende o terceiro posto e non desfalecer ata acadar o primeiro posto que o acreditaba como vencedor.

Logo era o turno das Féminas e en Cadetes, María Correa no día de oxe atopábase coa resistencia das corredoras chegadas do veciño Portugal e tería que contentarse co 5º posto. En Júnior Zaida González nunha carreira moi constante foi quien de acadar o segundo posto do Pódio.

Xornada mediocre para os Júnior masculinos donde se nota a falta de adestramentos por mor dos compromisos de estudos, pois Xoel Villa acadaba o 14º posto i Ero Sobrino o 15º.

Remataba o debutante en Sub 23 Raúl Fernández que loitaba cos seus compañeiro de categoría e cos Elite formando parte dun cuarteto composto por Adrian Valverde (C.C. Rias Baixas), Saúl Lopez (C.C. Maceda) e Mauro González (C.C. Salvaterra) que serían os que irían a loitar polo Pódio. Xa a falta de catro volta para o final, Mauro e Raúl comenzaban a marcar diferenzas cos seus rivais quedando a loita pola vitória nas mans deles dous. A falta de volta e media, Raúl sacaba a relucir todo o seu pundonor para coller unha trintena de metros sobre Mauro e que demostrando unha grande estratexia, administraba ata o final para adxudicarse outra grande vitória.

lunes, 15 de diciembre de 2014

SEIS PODIOS NA FIN DE SEMANA





Oxe luns cun chisquiño mais de tempo parámonos un pouco para redactar a intensa fin de semana de Ciclocróss.
Comenzábamos o sábado co Ciclocróss Ría de Marín e na categoría de Promoción a Mario Fernández escapabaselle a vitoria por on suspiro e colleitaba un merecidísimo 2º posto.

Logo na categoría de féminas era María Correa quien nunha das suas millores carreiras da tempada, firmaba un gran 2º posto no "caixón"con mais dun minuto de vantaxe sobre a terceira clasificada. E para non ser menos, a Júnior Zaida González tamén acadaba outro grande 2º posto.

En  Júnior Masculino era Xoel Villa o que remataba no 10º posto mentras que Ero Sobrino acadaría o 11º posto.

Remataba Raúl Fernández que saíu a controlar a carreira para como na pasada semana tentar levarse a vitória e quedarse solo con Adrian Valverde (C.C. Rías Baixas) e cos irmáns Paulo e Mauro González (C.C. Salvaterra), pero desta volta Raúl era o mais forte e a falta de duas voltas íase dos seus rivais para rematar a carreira o "campión" con 50 segundos de vantaxe e así vencer en Sub 23 e Máster..
Fotos da carreira



Xa na mañán de onte partíamos as 6:30 para achegarnos a Torre de Dona Chama no concello de Mirandela, Distrito de Bragança (Portugal) para a terceira proba da Copa de Portugal con María, Zaida e Raúl mentras que Ero e Xoel quedabanse na casa por causas de estudios.

A Cadete María Correa topaba en terras lusas a duras rivais e tiña que conformarse coa 4ª praza.

Quien non se conformaba era Zaida González que na categoría Juventude vencía con autoridade e practicamente ten a Copa de Portugal sentenciada a seu favor a falta de colleitar un terceiro posto na derradeira carreira a disputarse no mes de xaneiro en Agueda..

Pola sua banda Raúl pagaba o esforzo da tarde anterior en Marín  e a pesares de facer unha grandísima carreira e marchar líder nalgunhas das suas fases, a fin tiña que conformarse co terceiro posto por detrás do campión portugués Vitor Santos (Quinta das Arcas) e de Mauro González (C.C. Salvaterra). Con éste resultado Raúl sitúase segundo no Ranking da Copa a tan só seis punto do Líder.
Fotos da carreira

domingo, 7 de diciembre de 2014

PODIOS DE MARÍA, ZAIDA E RAÚL EN BOIRO



Onte, nunha mañá soleada pero con frío, na Praia de Bioro celebrouse o Trofeo Concello de Boiro na que era a primeira carreira da tempada sin barro xa que se disputou totalmente en seco.

Comenzóu Iago Alvarez na categoría de Promoción  na que unha caída nuha das rampas lle facía perder varios postos para o final rematar 10º.

En Cadete Feminino, gran carreira de María Correa que loitou sin desfalecemento para colleitar un fantástico 3º posto e desta maneira subir o Pódio o mesmo que a sua compañeira Zaida González que en Júnior Feminino subía un posto máis e remataba segunda no “caixón”.

En Júnior Masculino, Xoel Villa  clasificabase no 9º posto a pesar dunha espectacular caída co voo incluido na derradeira volta mentras que Ero Sobrino acadaba o 12º posto.

Na derradeira carreira do día chegaría o espectáculo de mán como non de Raúl Fernández.
Comenzaba a carreira con cinco corredores que se alternaban no liderato e entre éles estaba Raúl, para conforme ia avanzando a mesma irse descolgando algúns deles para que a duas voltas do final demarrara con forza e así coller unha lixeira vantaxe sobre o seu único rival que era Mauro González (C.C. Salvaterra).
Na derradeira volta Mauro daba alcance a Raúl e os últimos compases da carreira convertíanse nun “man a man” e que o final se decidiu nun emocionantísimo esprint final que se decantóu do lado de Mauro por uns increíbles cinco centímetros tendo desta maneira que conformarse Raúl co 2º posto. Felicidades os dous polo espéctaculo brindado.

lunes, 1 de diciembre de 2014

ZAIDA LIDERA A COPA DE PORTUGAL DE CICLOCRÓSS




Onte pola mañan disputouse en Jovim (Gondomar-Portugal) a segunda proba da Copa de Portugal de Ciclocróss donde a Fémina Cadete, María Correa a piques estaba de subir o Pódio o rematar no 4º posto dunha durísima carreira con grandes costas pa rriba e pa baixo e con zonas de moito barro. Con este posto, María queda clasificada na 4ª posición da Xeral da Copa

En Sub21-Júnior Feminino (Juventude), Zaida González vencía de novo e de maneira incontestable sacando unha grande vantaxe a segunda clasificada o que fai que coa vitória da primeira proba en Paredes, se afiance como líder da Copa.

Pola sua banda os Júnior tamén realizaban unha óptima prestación e Xoel Villa remataba no 7º  posto mentras que Ero Sobrino se facía co 8º lugar na clasificación quedando nestes mesmos postos na Xeral da Copa.

Raúl Fernández si onte en umbría tiña mala sorte cunha avaría, na mañan de oxe era peor pois cando marchaba nos postos de cabeza, rompíaselle a cadea e tiña que correr gran parte do circuito a pé para coller a bici de recambio pero voltaba a ter problemas, desta volta co cambio e de novo a pé para logo coller a bicicleta da sua compañeira Zaida e desta maneira poder rematar a carreira co terceiro posto en Sub 23 o que lle vale para situarse na segunda posición da Copa.