Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 7 de diciembre de 2014

PODIOS DE MARÍA, ZAIDA E RAÚL EN BOIRO



Onte, nunha mañá soleada pero con frío, na Praia de Bioro celebrouse o Trofeo Concello de Boiro na que era a primeira carreira da tempada sin barro xa que se disputou totalmente en seco.

Comenzóu Iago Alvarez na categoría de Promoción  na que unha caída nuha das rampas lle facía perder varios postos para o final rematar 10º.

En Cadete Feminino, gran carreira de María Correa que loitou sin desfalecemento para colleitar un fantástico 3º posto e desta maneira subir o Pódio o mesmo que a sua compañeira Zaida González que en Júnior Feminino subía un posto máis e remataba segunda no “caixón”.

En Júnior Masculino, Xoel Villa  clasificabase no 9º posto a pesar dunha espectacular caída co voo incluido na derradeira volta mentras que Ero Sobrino acadaba o 12º posto.

Na derradeira carreira do día chegaría o espectáculo de mán como non de Raúl Fernández.
Comenzaba a carreira con cinco corredores que se alternaban no liderato e entre éles estaba Raúl, para conforme ia avanzando a mesma irse descolgando algúns deles para que a duas voltas do final demarrara con forza e así coller unha lixeira vantaxe sobre o seu único rival que era Mauro González (C.C. Salvaterra).
Na derradeira volta Mauro daba alcance a Raúl e os últimos compases da carreira convertíanse nun “man a man” e que o final se decidiu nun emocionantísimo esprint final que se decantóu do lado de Mauro por uns increíbles cinco centímetros tendo desta maneira que conformarse Raúl co 2º posto. Felicidades os dous polo espéctaculo brindado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario