Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 1 de diciembre de 2014

ZAIDA LIDERA A COPA DE PORTUGAL DE CICLOCRÓSS




Onte pola mañan disputouse en Jovim (Gondomar-Portugal) a segunda proba da Copa de Portugal de Ciclocróss donde a Fémina Cadete, María Correa a piques estaba de subir o Pódio o rematar no 4º posto dunha durísima carreira con grandes costas pa rriba e pa baixo e con zonas de moito barro. Con este posto, María queda clasificada na 4ª posición da Xeral da Copa

En Sub21-Júnior Feminino (Juventude), Zaida González vencía de novo e de maneira incontestable sacando unha grande vantaxe a segunda clasificada o que fai que coa vitória da primeira proba en Paredes, se afiance como líder da Copa.

Pola sua banda os Júnior tamén realizaban unha óptima prestación e Xoel Villa remataba no 7º  posto mentras que Ero Sobrino se facía co 8º lugar na clasificación quedando nestes mesmos postos na Xeral da Copa.

Raúl Fernández si onte en umbría tiña mala sorte cunha avaría, na mañan de oxe era peor pois cando marchaba nos postos de cabeza, rompíaselle a cadea e tiña que correr gran parte do circuito a pé para coller a bici de recambio pero voltaba a ter problemas, desta volta co cambio e de novo a pé para logo coller a bicicleta da sua compañeira Zaida e desta maneira poder rematar a carreira co terceiro posto en Sub 23 o que lle vale para situarse na segunda posición da Copa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario