Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 15 de diciembre de 2014

SEIS PODIOS NA FIN DE SEMANA





Oxe luns cun chisquiño mais de tempo parámonos un pouco para redactar a intensa fin de semana de Ciclocróss.
Comenzábamos o sábado co Ciclocróss Ría de Marín e na categoría de Promoción a Mario Fernández escapabaselle a vitoria por on suspiro e colleitaba un merecidísimo 2º posto.

Logo na categoría de féminas era María Correa quien nunha das suas millores carreiras da tempada, firmaba un gran 2º posto no "caixón"con mais dun minuto de vantaxe sobre a terceira clasificada. E para non ser menos, a Júnior Zaida González tamén acadaba outro grande 2º posto.

En  Júnior Masculino era Xoel Villa o que remataba no 10º posto mentras que Ero Sobrino acadaría o 11º posto.

Remataba Raúl Fernández que saíu a controlar a carreira para como na pasada semana tentar levarse a vitória e quedarse solo con Adrian Valverde (C.C. Rías Baixas) e cos irmáns Paulo e Mauro González (C.C. Salvaterra), pero desta volta Raúl era o mais forte e a falta de duas voltas íase dos seus rivais para rematar a carreira o "campión" con 50 segundos de vantaxe e así vencer en Sub 23 e Máster..
Fotos da carreira



Xa na mañán de onte partíamos as 6:30 para achegarnos a Torre de Dona Chama no concello de Mirandela, Distrito de Bragança (Portugal) para a terceira proba da Copa de Portugal con María, Zaida e Raúl mentras que Ero e Xoel quedabanse na casa por causas de estudios.

A Cadete María Correa topaba en terras lusas a duras rivais e tiña que conformarse coa 4ª praza.

Quien non se conformaba era Zaida González que na categoría Juventude vencía con autoridade e practicamente ten a Copa de Portugal sentenciada a seu favor a falta de colleitar un terceiro posto na derradeira carreira a disputarse no mes de xaneiro en Agueda..

Pola sua banda Raúl pagaba o esforzo da tarde anterior en Marín  e a pesares de facer unha grandísima carreira e marchar líder nalgunhas das suas fases, a fin tiña que conformarse co terceiro posto por detrás do campión portugués Vitor Santos (Quinta das Arcas) e de Mauro González (C.C. Salvaterra). Con éste resultado Raúl sitúase segundo no Ranking da Copa a tan só seis punto do Líder.
Fotos da carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario