Non foi todo o redondo que agardábamos pero damonos por moi
satisfeitos cos resultados acadados nestes Campionatos de Galicia de Ciclocróss
disputados na mañan de oxe domingo na localidade ourensá de Maceda .
Comenzaba a Fémina Cadete María Correa e ainda que nunca
tivo opción de loitar polo Pódio, sí foi quien de acadar a cuarta plaza destes Campionatos o
mesmo que a Júnior Zaida González que tamén un chisco afastada do terceiro
posto traia para O Rosal outro cuarto.
Era logo a volta dos Infantís e Mario Fernández a piques
estaba de facerse co primeiro posto pois comandaba a carreira con escasos
metros de vantaxe e no esprint final sería o seu rival o que que levaba a
vitoria quedandose Mario co segundo posto.
Rematarían os Junior, Sub 23 i Elites. Xoel Villa entraba na
meta no 13º posto i Ero Sobrino no 14º da categoría Júnior.
Nesa mesma carreira o espectaculo nolo brindaba de novo Raúl
Fernández que a pesar de ser debutante na categoría de Sub 23, pelexou toda a carreira
polos primeiros posto para o final acadar unha Medalla de Bronce que lle fai
honra o seu pundonor.
Estes Campionatos de Galicia poñían o peche a tempada do
Calendario Galego de Ciclocróss e agora so nos queda disputar os Campionatos de
España en Gijón dentro de duas semanas e tamén rematar a Copa de Portugal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario