Na mañán de hoxe domingo e aproveitando que esta fin de semana non había competición de estrada, cinco dos nosos ciclistas decidiron acudir o 5º Trofeo de Mini BTT de Guláns en Ponteareas.
A pesar de que os nosos ciclistas partían en desvantaxe por sair nas derradeiras posicións o non contar no ranking, as súas prestacións foron óptimas.
En Principiantes Iker Rodríguez que partía último, conseguía adiantar algunhas posicións e remataba 32º mentras que a seguir era o Alevín Adrián Alonso quien tamén dende a derradeira posición avanzaba superando varios dos seus riváis para rematar no 29º posto.
Remataban os infantís con gran carreira de Mario Fernández e Diego Santomé que remontaban dende os derradeiros postos de saída para rematar nos pos postos 7º e 8º respectivamente mentras que a súa compañeira de categoría Irea Villa acadaba a 7ª posición en Infantíl Feminino.
Fotos da carreira
Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 26 de julio de 2015
domingo, 19 de julio de 2015
MEDALLA DE BRONCE DE ZAIDA NO CAMPIONATO DE GALICIA E VITORIA DE RUBÉN NO G.P. MEIXOEIRO
Xornada con dous frentes onte sabado, por unha parte os Campionatos de Galicia de Fondo para Cadetes e Júnior en Marín e polo outro lado o G.P. Ciclista do Meixoeiro.
Comenzabamos en Marín as 14:30 cos Campionatos de Galicia coa categoría Júnior Masculina donde tomaban a saída os nosos ciclistas Ero Sobrino e Xoel Villa. Nesta categoría os dous eran baixados da carreira o perder moito tempo respecto a cabeza da carreira e concretamente isto acontecía no kilómetro 15 para Xoel e no 20 para Ero rematando 29º e 25º respectivamente
A seguir era o turno das Féminas con María Correa en Cadete e Zaida González en Júnior. María tamén lle acontecía o mesmo dos seus compañeiros da categoría Júnior e tamén era baixada cando ocupaba o 5º posto da carreira na que continuaría Zaida loitando sempre nas primeiras posicións para tratar de acadar unha das medallas en xogo. Éste traballo tería a súa recompensa final coa Medalla de Bronce o rematar 3ª por detrás de Paula Sanmartín (CAF) e Irene Trabazo (C.C.Marín). PARABÉNS ZAIDA.
Outra esperanza dun bon resultado era en Cadete Masculino con Manuel Dorna que era a derradeira categoría en tomar a saída pero aquí Manu non tiña a súa tarde non sendo capaz de seguir os seus rivais, sendo baixado tamén da carreira cando marchaba na 20º posición.
Xa máis tarde as 17.30 en Vigo tiña lugar a disputa do 27º G.P. Meixoeiro para as categorías de Escolas donde comenzaban os Alevíns cunha boa carreira de Adrián Alonso que remataba 13º con Sergio Vicente tamén moi combativo no 15º seguido por David Rodríguez no 24º e Yasir Martínez 27º mentras que a Fémina Laura Teniente a piques estaba de subir o "caixón" o rematar na 4ª posición.
En Infantís facíanse ver Mario Fernández e Diego Santomé durante toda a carreira no pelotón de cabeza para ceder nos derradeiros metros e rematar 8º Mario e 9º Diego mentras que David Fletcher acadaba o 21º posto. En Féminas Irea Villa acadaba o 5º posto.
Remataban a xornada os "ximcaneiros" con David Vicente no 4º posto e Pablo Rodríguez no 8º en Promesas mentras que en Principiantes Iker Rodríguez era 6º e David Carnero 5º mentras que cun tempo de 28 segundos Rubén Carnero superaba a Mario Benavides (C.C.Teis) para facerse co primeiro posto e levarse o Trofeo do Meixoeiro da categoría.
Fotos do Campionato de Galicia
Fotos do G.P. Meixoeiro
lunes, 13 de julio de 2015
PODIO DE IREA VILLA EN CANGAS
Na mañán de onte domingo os nosos ciclistas disputaron o 11º
Tofeo C.C. Cangas cun pódio de Irea Villa.
En Promesas tanto Pablo Rodríguez como David Vicente cometía
un erro na súa Ximcana e ocuparían os postos 4º e 7º respectivamente. Outro
tanto lle acontecía o Principiante Iker Rodríguez que tamèn con outro erro
remataba no 8º posto.
En Alevíns era Luís Mendez o millor clasificado o rematar no
10º posto mentras que Yasir Martínez era 15º, Adrián Alonso 16º, Sergio Vicente
20º e David Rodríguez 23º,
Remataban os Infantís e tanto Diego Santomé como Mario Fernández
partían con serias opcións de pódio , pero unha mala estratéxia de colocación
impedíalles loitar no esprint final por eses postos de honor e facía que
rematasen 10º e 12º respectivamente
mentras que Iago Alvarez facía 17º.
Sería na categoría de Féminas donde se acadaba o único pódio
“rosaleiro” neste desprazamento a Península do Morrazo, pódio que viña da man
de Irea Villa que remataba segunda.
Mentras todo isto acontecía en Cangas, a Cadete Feminina María
Correa competía en Lorca (Murcia) nos Campionatos de España en Idade Escolar
donde acadaba un meritório 27º posto.
sábado, 11 de julio de 2015
SEGUNDO POSTO DE ZAIDA NO 5º G.P. CONCELLO DE OLEIROS DE BTT-RALLI
Na tarde de hoxe Zaida González acadaba outro pódio máis para a súa colección o rematar segunda en Féminas Júnior no 5º G.P. Concello de Oleiros (A Coruña) de BTT-Ralli.
Os seus compañeiros Xoel Villa i Ero Sobrino remataban 5º e 6º respectivamente en Júnior Masculino.
En Cadete foi donde tivemos unha grande desilusión, pois Manuel Dorna cando era líder destacado e se dirixía cara a vitória, sofría un inoportuno pinchazo nunha roda e optaba por abandonar o perder todas as opcións de clasificarse. O dito, unha mágoa pero outra vez será.
Polo que respecta a Cadete María Correa, comentar que se atopa en Lorca (Murcia) donde mañán vai defender as cores da Selección Galega nos Campionatos de España.
Fotos da carreira
Os seus compañeiros Xoel Villa i Ero Sobrino remataban 5º e 6º respectivamente en Júnior Masculino.
En Cadete foi donde tivemos unha grande desilusión, pois Manuel Dorna cando era líder destacado e se dirixía cara a vitória, sofría un inoportuno pinchazo nunha roda e optaba por abandonar o perder todas as opcións de clasificarse. O dito, unha mágoa pero outra vez será.
Polo que respecta a Cadete María Correa, comentar que se atopa en Lorca (Murcia) donde mañán vai defender as cores da Selección Galega nos Campionatos de España.
Fotos da carreira
domingo, 5 de julio de 2015
PLENO ROSALEIRO COS IRMANS CARNERO TAVEIRA E PABLO EN PRINCIPIANTES
Gran xornada dos tres Principiantes que na mañán de hoxe
competiron en Teis o facer pleno e copar os tres postos do pódio.
Rubén Carnero facíase co primeiro posto, David Carnero co
segundo e Pablo Rodríguez co terceiro na Ximcana, pero por si isto fose
pouco, nunha carreira que efectuaban o rredor do Mercado de Teis, Rubén voltaba a
subir o pódio o rematar terceiro e David cuarto mentras que en Promesas Pablo levaba outro trofeo o rematar
2º.
En Alevíns Luís Mendez remataba 11º, Adrián Alonso 16º, Yasir
Martínez 18º e David Rodríguez 25º.
En Infantís suliñar a gran carreira de Diego Santomé que nunha
chegada o esprint e que por tan só dous metros se lle escapaba o segundo posto,
o final remataba nun prometedor 5º posto mentras que Mario Fernández era 13º e
Iago Alvarez facía 22º. En Féminas Irea Villa acadaba o 7º posto.
Remataban os Cadetes e a Fémina María Correa con problemas
por mor da rotura do cable do cambio, tiña que conformarse coa 4º posición
mentras que os seus compañeiros masculinos tiñan unha mala xornada e Manuel
Dorna remataba 27º e Fran Mendez 30º.
Destacamos que María Correa ven de ser seleccionada para representar
a Galicia nos Campionatos de España en Idade Escolar a disputar a vindeira fin
de semana en Lorca. Todo o apoio do C.C. O Rosal vai para María.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)