Na mañán de hoxe domingo e aproveitando que esta fin de semana non había competición de estrada, cinco dos nosos ciclistas decidiron acudir o 5º Trofeo de Mini BTT de Guláns en Ponteareas.
A pesar de que os nosos ciclistas partían en desvantaxe por sair nas derradeiras posicións o non contar no ranking, as súas prestacións foron óptimas.
En Principiantes Iker Rodríguez que partía último, conseguía adiantar algunhas posicións e remataba 32º mentras que a seguir era o Alevín Adrián Alonso quien tamén dende a derradeira posición avanzaba superando varios dos seus riváis para rematar no 29º posto.
Remataban os infantís con gran carreira de Mario Fernández e Diego Santomé que remontaban dende os derradeiros postos de saída para rematar nos pos postos 7º e 8º respectivamente mentras que a súa compañeira de categoría Irea Villa acadaba a 7ª posición en Infantíl Feminino.
Fotos da carreira
No hay comentarios:
Publicar un comentario