Gran xornada dos tres Principiantes que na mañán de hoxe
competiron en Teis o facer pleno e copar os tres postos do pódio.
Rubén Carnero facíase co primeiro posto, David Carnero co
segundo e Pablo Rodríguez co terceiro na Ximcana, pero por si isto fose
pouco, nunha carreira que efectuaban o rredor do Mercado de Teis, Rubén voltaba a
subir o pódio o rematar terceiro e David cuarto mentras que en Promesas Pablo levaba outro trofeo o rematar
2º.
En Alevíns Luís Mendez remataba 11º, Adrián Alonso 16º, Yasir
Martínez 18º e David Rodríguez 25º.
En Infantís suliñar a gran carreira de Diego Santomé que nunha
chegada o esprint e que por tan só dous metros se lle escapaba o segundo posto,
o final remataba nun prometedor 5º posto mentras que Mario Fernández era 13º e
Iago Alvarez facía 22º. En Féminas Irea Villa acadaba o 7º posto.
Remataban os Cadetes e a Fémina María Correa con problemas
por mor da rotura do cable do cambio, tiña que conformarse coa 4º posición
mentras que os seus compañeiros masculinos tiñan unha mala xornada e Manuel
Dorna remataba 27º e Fran Mendez 30º.
Destacamos que María Correa ven de ser seleccionada para representar
a Galicia nos Campionatos de España en Idade Escolar a disputar a vindeira fin
de semana en Lorca. Todo o apoio do C.C. O Rosal vai para María.
No hay comentarios:
Publicar un comentario