Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 19 de julio de 2015
MEDALLA DE BRONCE DE ZAIDA NO CAMPIONATO DE GALICIA E VITORIA DE RUBÉN NO G.P. MEIXOEIRO
Xornada con dous frentes onte sabado, por unha parte os Campionatos de Galicia de Fondo para Cadetes e Júnior en Marín e polo outro lado o G.P. Ciclista do Meixoeiro.
Comenzabamos en Marín as 14:30 cos Campionatos de Galicia coa categoría Júnior Masculina donde tomaban a saída os nosos ciclistas Ero Sobrino e Xoel Villa. Nesta categoría os dous eran baixados da carreira o perder moito tempo respecto a cabeza da carreira e concretamente isto acontecía no kilómetro 15 para Xoel e no 20 para Ero rematando 29º e 25º respectivamente
A seguir era o turno das Féminas con María Correa en Cadete e Zaida González en Júnior. María tamén lle acontecía o mesmo dos seus compañeiros da categoría Júnior e tamén era baixada cando ocupaba o 5º posto da carreira na que continuaría Zaida loitando sempre nas primeiras posicións para tratar de acadar unha das medallas en xogo. Éste traballo tería a súa recompensa final coa Medalla de Bronce o rematar 3ª por detrás de Paula Sanmartín (CAF) e Irene Trabazo (C.C.Marín). PARABÉNS ZAIDA.
Outra esperanza dun bon resultado era en Cadete Masculino con Manuel Dorna que era a derradeira categoría en tomar a saída pero aquí Manu non tiña a súa tarde non sendo capaz de seguir os seus rivais, sendo baixado tamén da carreira cando marchaba na 20º posición.
Xa máis tarde as 17.30 en Vigo tiña lugar a disputa do 27º G.P. Meixoeiro para as categorías de Escolas donde comenzaban os Alevíns cunha boa carreira de Adrián Alonso que remataba 13º con Sergio Vicente tamén moi combativo no 15º seguido por David Rodríguez no 24º e Yasir Martínez 27º mentras que a Fémina Laura Teniente a piques estaba de subir o "caixón" o rematar na 4ª posición.
En Infantís facíanse ver Mario Fernández e Diego Santomé durante toda a carreira no pelotón de cabeza para ceder nos derradeiros metros e rematar 8º Mario e 9º Diego mentras que David Fletcher acadaba o 21º posto. En Féminas Irea Villa acadaba o 5º posto.
Remataban a xornada os "ximcaneiros" con David Vicente no 4º posto e Pablo Rodríguez no 8º en Promesas mentras que en Principiantes Iker Rodríguez era 6º e David Carnero 5º mentras que cun tempo de 28 segundos Rubén Carnero superaba a Mario Benavides (C.C.Teis) para facerse co primeiro posto e levarse o Trofeo do Meixoeiro da categoría.
Fotos do Campionato de Galicia
Fotos do G.P. Meixoeiro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario