Na mañán de onte domingo os nosos ciclistas disputaron o 11º
Tofeo C.C. Cangas cun pódio de Irea Villa.
En Promesas tanto Pablo Rodríguez como David Vicente cometía
un erro na súa Ximcana e ocuparían os postos 4º e 7º respectivamente. Outro
tanto lle acontecía o Principiante Iker Rodríguez que tamèn con outro erro
remataba no 8º posto.
En Alevíns era Luís Mendez o millor clasificado o rematar no
10º posto mentras que Yasir Martínez era 15º, Adrián Alonso 16º, Sergio Vicente
20º e David Rodríguez 23º,
Remataban os Infantís e tanto Diego Santomé como Mario Fernández
partían con serias opcións de pódio , pero unha mala estratéxia de colocación
impedíalles loitar no esprint final por eses postos de honor e facía que
rematasen 10º e 12º respectivamente
mentras que Iago Alvarez facía 17º.
Sería na categoría de Féminas donde se acadaba o único pódio
“rosaleiro” neste desprazamento a Península do Morrazo, pódio que viña da man
de Irea Villa que remataba segunda.
Mentras todo isto acontecía en Cangas, a Cadete Feminina María
Correa competía en Lorca (Murcia) nos Campionatos de España en Idade Escolar
donde acadaba un meritório 27º posto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario