Arrancaba hoxe pola mañán a primeira proba da Taça de
Portugal na localidade de Vouzela, distrito de Viseu donde @s nos@as ciclistas
voltaban a dar a cara e traían para terras rosaleiras tres novos Pódios.
Comenzaba logo de mañán cedo e aínda coa xiada debido o frío
que facía o noso Infantil Diego Santomé que nunha grandísima carreira na que
partía nos derradeiros postos, ía remontando posicións para rematar no 2º posto
separado por tan só dez metros do primeiro clasificado.
Continuaban os cadetes e alí Mario Fernández que nos
primeiros compases da carreira marchaba en cabeza, foi baixando posicións ata
rematar nun estupendo 4º posto. A que sí acadaba Pódio era María Correa que na
mesma categoría se facía cunha traballada terceira posición.
O mesmo tempo que María tamén corría Zaida González na
categoría Sub-23 de Féminas, repetindo tamén o terceiro posto.
Remataba o Júnior Adrián Santomé que loitou contra os rivais
para facerse cunha meritoria 12ª praza na clasificación.
A vindeira carreira voltará a ser puntuable para a Copa
Galicia, disputandose na localidade de Boiro en terras do Barbanza o vindeiro
domingo pola mañán.