Hoxe pola tarde en Dumbría disputábase a terceira proba da
Copa Galicia de Ciclocróss e ainda que non se acadou ningunha vitória, si que
valeu para traer para O Rosal duas camisolas de Líderes da Copa.
Comenzaban os Infantís e de novo Diego Santomé e Iago
Alvarez estaban na loita pola vitória con Diego no segundo posto e Iago no
terceiro o que se convertía nos dous primeiros Pódios da xornada.
En Cadete Masculino era Mario Fernández o que defendía o “maillot”
de líder da Copa e a pesares de non ter o seu millor día o rematar na 5ª posición,
éste era un posto que lle valía para conservar a “camisola” de líder.
Nesta mesma categoría pero en Femenino, era María Correa a
que nos daba outra alegría o rematar na 4ª posición e desta maneira colleitar
os puntos suficientes para facerse co “maillot” de lideresa da categoría, o que
fala moito da súa regularidade.
En Júnior chegaba o terceiro Pódio, das mans da habitual
Zaida González que nunha disputada carreira acadaba o 3º posto mentras que en
Masculino, Adrián Santomé e Xoel Villa facían un enorme esforzo para rematar 13º
e 14º respectivamente.
Mañán as 7:00 da mañán collemos ruta a Vouzela no distrito
de Viseu don vai dar comenzo a primeira prova da Taça (Copa) de Portugal de
Ciclocróss.
No hay comentarios:
Publicar un comentario