Onte voltabamos a Penafiel (Portugal), concretamente a
Freguesía de Santiago donde se disputaba a segunda proba do Open Sentir Peñafiel
de Ciclocróss donde coas ausencias de Ero Sobrino e Xoel Villa por causas de
estudos, os seus compañeiros eran quien de repetir os éxitos da semana pasada.
En Cadete Mario Fernández milloraba o terceiro posto de fai
sete días e escalaba ata o 2º posto do Pódio mentras que en Cadete Femenino María
Correa repetía o terceiro de fai unha semana.
En Júnior Femenino quien tamén repetía posto era Zaida González
que voltaba a vencer con rotundidade o que a confirma como Líder do Open tal
como o acredita o “maillot” amarelo que se enfundaba.
Pola súa banda Adrián Santomé era o único Júnior Masculino
pola baixa xa comentada dos seus compañeiros, e a pesar de padecer múltiples
problemas mecánicos que lle obrigaban a cambiar de “máquina” por dúas veces, era
quien de facerse co 6º posto.
Como xa lembramos na entrada anterior, recordarvos que o
vindeiro sábado imos inaugurar o Calendario Galego de Ciclocróss coa organización
do XVIII Trofeo Comunidade de Montes de Eiras na praia que leva o mesmo nome
(Eiras) e tamén aconsellarvos a tódolos afeccionados o ciclismo que ésta e unha
das probas que non vos podedes perder xa que é unha das máis vistosas de
Galicia devido o fermoso paraxe que a alberga.
“Contamos coa vosa presenza”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario