Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 15 de noviembre de 2015

GRANDISIMA TARDE DE CICLOCRÓSS ONTE NA PRAIA DE EIRAS

Onte pola tarde co XVII Trofeo Montes de Eiras dabase inicio a Copa de Galicia de Ciclocróss cunha climatoloxía fantástica e cunha organización por parte do Club Ciclista O Rosal que raiaba a perfección e para non ser menos, os/as seus ciclistas non se quedaban atrás e acadaban cuatro Pódios entre preto de 200 participantes nas distintas categorías chegados de toda Galicia e varios puntos de España e Portugal.

Comenzaba a categoría de Promoción (Infantís de segundo ano) e aquí chegaba o primeiro Pódio do sorprendente Diego Santomé que se facía co 2º posto mentras que Iago Alvarez un chisco mais retrasado remataba nun gran 5º posto. En Féminas Irea Villa tamén acadaba un óptimo posto o rematar 6ª na sua categoría.

Sería logo o turno de Cadetes e Mario Fernández que liderou case toda a carreira, cedía na derradeira volta para acadar o 2º posto mentras que en Feminino María Correa tamén por méritos propios loitando con coraxe, colleitaba a 3ª posición.

En Júnior Feminino Zaida González xa dende a saída facíase coa 2ª plaza e administraba a vantaxe con autoridade para conservar ese mesmo posto ata o final mentras que en Masculino o mais emocionante estaba nos derradeiros metros donde Adrián Santomé e o seu compañeiro Xoel Villa nos ofrecían unha apasionante loita entre compañeiros de equipo polo 6º posto que se decidía o esprint a favor de Adrián mentras que Xoel era sexto i Ero Sobrino 13º.

O dito, unha grande tarde de Ciclocróss que o numeroso público asistente disfrutou con grande "paixón".
Fotos da carreira


No hay comentarios:

Publicar un comentario