Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 29 de noviembre de 2015

COMENZA A COPA DE PORTUGAL CON TRES PODIOS ROSALEIROS






Arrancaba hoxe pola mañán a primeira proba da Taça de Portugal na localidade de Vouzela, distrito de Viseu donde @s nos@as ciclistas voltaban a dar a cara e traían para terras rosaleiras tres novos Pódios.

Comenzaba logo de mañán cedo e aínda coa xiada debido o frío que facía o noso Infantil Diego Santomé que nunha grandísima carreira na que partía nos derradeiros postos, ía remontando posicións para rematar no 2º posto separado por tan só dez metros do primeiro clasificado.

Continuaban os cadetes e alí Mario Fernández que nos primeiros compases da carreira marchaba en cabeza, foi baixando posicións ata rematar nun estupendo 4º posto. A que sí acadaba Pódio era María Correa que na mesma categoría se facía cunha traballada terceira posición.

O mesmo tempo que María tamén corría Zaida González na categoría Sub-23 de Féminas, repetindo tamén o terceiro posto.

Remataba o Júnior Adrián Santomé que loitou contra os rivais para facerse cunha meritoria 12ª praza na clasificación.

A vindeira carreira voltará a ser puntuable para a Copa Galicia, disputandose na localidade de Boiro en terras do Barbanza o vindeiro domingo pola mañán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario