Tarde de Ciclocróss onte no IV Trofeo Concello de Dumbría (A Coruña) coa vitória de Mario Fernández na categoría Cadete Masculina donde fixo unha carreira moi intelixente, pois atacaou o inicio para destacarse dos seus rivais e logo administrar a vantaxe até cruzar a liña de meta na primeira posición. Outro que tamén realizaba unha boa prestación era Diego Santomé que rematou 5º e Iago Alvarez que acadaba o 10º posto.
En Júnior feminino era de novo María Correa a que acadaba o cuarto posto, que non era o suficiente para subir o "caixón".
E para rematar eran os Sub-23 Xoel Villa e César Cividanes que acadaban os postos 8º e 9º respectivamente.
Fotos da carreira
No hay comentarios:
Publicar un comentario