Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 30 de junio de 2018

EN REDONDELA ACADARONSE CATRO NOVOS PODIOS




III Trofeo Concello de Redondela e de novo voltamos para O Rosal con outros catro podios.
Era na categoría Promesa donde os nosos estaban a piques de facer "pleno" e copar os tres postos do caixón, pois o primeiro era para Lucas Alvarez e o segundo para Diego Coimbra que se estreaba no podio e xa no cuarto posto remataba Aitor Rodríguez seguido por  Iker González 14º, Edgar Alonso 15º e Alan Alonso 20º.
En féminas Saray Coimbra que desta volta non estaba moi acertada tiña que conformarse coa 6ª posición e Lucía González coa 7ª.

En Principiantes temos dous representantes e os dous subiron o podio, pois Unai Fernández voltaba o mais alto o rematar primeiro e Roi Alvarez quedábase co 3º.

En Alevíns outra gran carreira de Iker Rodríguez pero que non era dabondo para alcanzar posto de podio e remataba 4º mentras tanto Pablo Rodríguez era 18º e Diego Adrover 19º.

En Infantís contamos de novo con Javi Sanz que acadou o 11º posto e na categoría Cadete 23º posto para Iago Alvarez e o 7º para Irea Villa en féminas.
FOTOS

domingo, 24 de junio de 2018

FIN DE SEMANA TREMENDAMENTE POSITIVO





Medalla de Bronce Campionato de Galicia de BTT, vitória no Open de España de Enduro, podios en Negreira e Mini BTT de Sanxenxo.
Foi ésta unha intensa fin de semana con diversos desprazamentos con dous "rosaleiros" en Sanxenxo para na mañán de onte sabado tomar parte no Mini BTT desta localidade do Salnés donde Iker González acadaba un gran 7º posto en Benxamíns e Unai Fernández o 15º en Principiantes.

Xa pola tarde no mesmo Sanxenxo disputabanse os Campionatos de Galicia de BTT XCO donde participaba a nosa "añorada" Zaida González que despois de dous anos e medio por terras de Lugo e Italia, voltaba o "seu fogar" para estar de novo con nós e acadar a Medalla de Bronce Sub-23 nestes Campionatos de Galicia.

Tamén onte pola tarde e baixo uns 34-35 grados, a nosa xente non se arremedaba e plantaballe cara o calor para que Lucas Alvarez acadase o 2º posto en Promesas, seguido de Aitor Rodríguez no 5º, Diego Coimbra no 9º, Edgar Alonso no 10º e Alan Alonso 14º.
Nesta mesma categoría pero en féminas, Saray Coimbra voltaba o podio co 3º posto.
Pola súa banda Roi Alvarez quedaba a un posto do "caixón" e remataba 4º en Principiantes.

En Alevín a fémina Irene Rodríguez acadaba o 7º posto mentras que en masculino era o regular Iker Rodríguez o que de novo estaba no podio, concretamente no 3º posto.

Cando tan só tiñan transcurridos 500 metros da carreira de Infantís e cando marchaba cos primeiros, unha caída deixaba no derradeiro posto a Javi Sanz que despois se recuperaba  e ascendía varios postos para rematar 16º.

A seguinte carreira era a de Irea Villa na que problemas estomacales e unha avaría mecánica impedíanlle ir máis aló da 6º praza final na categoría Cadete mentras que Iago Alvarez nunha boa carreira acadaba o 18º posto en masculino.

E chegamos a mañán de hoxe domingo o Concejo de Tineo (Asturias) donde Mario Fernández defendía o liderato do Open de España de BTT Enduro na derradeira proba desta especialidade coa disputa do TUÑA GRAVITY ENDURO RACE, e aquí o calculador Mario remataba no terceiro posto do podio que lle era dabondo para facerse co Título de Open de España.
FOTOS




lunes, 18 de junio de 2018

TRES PODIOS EN BEMBRIVE



A fin de semana comenzaba co III TROFEO E.L.M. de BEMBRIVE donde se acadaban tres podios por parte do noso Clube que estivo representado por 17 ciclistas "rosaleiros".

En Promesas chegaban os dous primeiros trofeos co 2º posto de Aitor Rodríguez e o 3º de Lucas Alvarez. Eran seguidos na clasificación por Iker González 9º e Diego Coimbra 11º. En féminas Saray Coimbra remataba no 5º posto e Lucía González no 8º.

En Principiantes pouco faltou pero tanto Unai Fernández como Roi Alvarez nos chegaban o podio o rematar 4º e 5º respectivamente.

O mesmo aconteceu en Alevíns donde Iker Rodríguez remataba no 4º posto, Pablo Rodríguez 12º, Diego Adrover 14º, Alvaro González 21º e David Vicente 23º. Pola súa parte a fémina Irene Rodríguez acadaba o 4º posto tamén moi pretiño do podio.

En Infantís  de novo Javi Sanz voltaba a estar cos millores e remataba no 6º posto mentras que en Cadetes Iago Alvarez acadaba o 14º posto mentras que en féminas chegaba o terceiro podio da man de Irea Villa que voltaba o "caixón" nesta tempada o acadar o 2º posto.

Xa na mañán de onte domingo era o Mini BTT de Poio donde participaban seis dos nosos con estes resultados:
Iker González 22º en Benxamín, Aitor Rodríguez 23º en Promesa, Unai Fernández 18º e Roi Alvarez 55º en Principiante, Alvaro González 63º en Alevín e David Rodríguez 28 º en Infantíl.

E mentras tanto en Baños de Molgas (Ourense), Irea Villa participaba nun adestramento co Seleccionador Galego Guillermo Sande para recoñecer o circuito dos vindeiros Campionatos de España en Idade Escolar
FOTOS

domingo, 10 de junio de 2018

SUBCAMPIONATO DA COPA E MEDALLA DE BRONCE PARA MARIO FERNÁNDEZ




Novos éxitos de Mario Fernández na mañán de hoxe pero imos comenzar pola xornada de onte sabado donde tiñamos dúas frontes abertas co Mini Btt de Marín e o Trofeo San Roque de Viveiro.
En Marín tomaba a saída na categoría Benxamín o incombustible Iker González que acadaba o 9º posto.
En Promesa era Aitor Rodríguez o que se clasificaba no 23º posto mentras que en Principiante Unai Fernández acadaba o 16º posto. O 52º era para Diego Adrover e o 57º para Alvaro González en Alevín.

En Viveiro estabamos representados por tres dos "nosos" donde destacamos o debut en competición de Alan Alonso que con apenas catro anos e dous meses xa era quien de clasificarse no 14º posto de Promesas mentras que o seu irmán Edgar era 11º da mesma categoría.
Pechaba a competición Roi Alvarez que se clasificaba 5º en Principiantes.

E como comentabamos o inicio na mañán de hoxe nos montes de Vigo diputabase o Campionato de Galicia de Enduro, proba que tamén era puntuable para a derradeira carreira da Copa Galicia da especialidade e aquí o noso Mario Fernández remataba no terceiro posto que lle valía para facerse coa Medalla de Bronce do Campionato de Galicia e co Subcampionato da Copa Galicia  

domingo, 3 de junio de 2018

MARIO FERNÁNDEZ SEGUE LÍDER DO OPEN DE ESPAÑA DE ENDURO

Na mañán de hoxe Mario Fernández tomaba parte no ENDURAMA CUENCA donde se atopaba xá dende o mércores para preparar esta  penúltima proba do Open de España de Enduro e defender o seu liderato.
Co terceiro posto de hoxe nesta cidade Castelano-Manchega, Mario continúa de líder do Open que defenderá con "uñas e dentes" na derradeira proba TUÑA GRAVITY ENDURO RACE a disputarse o vindeiro 24 no Concejo de Tineo (Asturias)


II MINI BTT CONCELLO DE PORRIÑO

Despois da participación de onte no XIII TROFEO MONTES DO ROSAL, na mañán de hoxe varios dos nosos trocaban de disciplina e participaban no II MINI BTT CONCELLO DE PORRIÑO con estes resultados:

Categoría  Benxamín:             Iker González 11º
Categoría Promesa:                Aitor Rodríguez 21º e Edgar Alonso 45º.
Categoría Principiante:          Unai Fernández 21º
Categoría  Alevín:                 Diego Adrover 55º e Alvaro González 64º
Categoría Alevín feminino:   Irene Rodríguez 30ª
Categoría Infantil:                 David Rodríguez 33º

LUCAS E UNAI PRIMEIROS E IKER SEGUNDO NA CARREIRA DE CASA



 

Gran tarde de ciclismo onte na Praza do Calvario e os seus arredores coa disputa do XIII Trofeo Montes do Rosal organizado polo equipo local, o Club Ciclista O Rosal en colaboración coa Comunidade de Montes de Santa Mariña, Concello do Rosal, Policía Local e outros moitos colaboradores con mención especial para Protección Civil de O Rosal que nesta carreira estreaba a súa colaboración co C. C. O Rosal.

A festa comenzaba cos Ximcaneiros e os primeiros en mostrar a súa destreza eran a categoría Promesa donde o local Lucas Alvarez era o máis rápido e se facía co primeiro posto, seguido de Diego Coimbra 7º, Aitor Rodríguez 8º, Iker González 9 e Edgar Alonso 10 mentras que en féminas chegaba o esperado  debut da "benxamina" do Club que con catro anos ainda por cumplir acadaba o 6º posto e que non era outra que Lucía González mentras que a sua compañeira Saray Coimbra vítima do neviosismo cometía algún erro e remataba na 5ª posición.

En Principiantes de novo Unai Fernández no mais alto o acadar o 1º posto, con Roi Alvarez a piques de subir tamén o podio o rematar 4º.

Iker Rodríguez "xogaba" na casa e de novo mostraba a súa valía o acadar o 2º posto mentras que os seus compañeiros se esforzaban por acadar postos altos e Pablo Rodríguez era 12º, Diego Adrover 20º, David Vicente 26º e Alvaro González 27º.

En Infantís fantástico 6º posto de Javi Sanz a quen mais cedo que tarde acabaremos por velo subir o podio.

Iago Alvarez era o noso representante na categoría Cadete masculina rematando no 26º posto mentras que en féminas o 5º era o posto co que se facía Irea Villa.
FOTOS DA CARREIRA