Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 10 de junio de 2018

SUBCAMPIONATO DA COPA E MEDALLA DE BRONCE PARA MARIO FERNÁNDEZ




Novos éxitos de Mario Fernández na mañán de hoxe pero imos comenzar pola xornada de onte sabado donde tiñamos dúas frontes abertas co Mini Btt de Marín e o Trofeo San Roque de Viveiro.
En Marín tomaba a saída na categoría Benxamín o incombustible Iker González que acadaba o 9º posto.
En Promesa era Aitor Rodríguez o que se clasificaba no 23º posto mentras que en Principiante Unai Fernández acadaba o 16º posto. O 52º era para Diego Adrover e o 57º para Alvaro González en Alevín.

En Viveiro estabamos representados por tres dos "nosos" donde destacamos o debut en competición de Alan Alonso que con apenas catro anos e dous meses xa era quien de clasificarse no 14º posto de Promesas mentras que o seu irmán Edgar era 11º da mesma categoría.
Pechaba a competición Roi Alvarez que se clasificaba 5º en Principiantes.

E como comentabamos o inicio na mañán de hoxe nos montes de Vigo diputabase o Campionato de Galicia de Enduro, proba que tamén era puntuable para a derradeira carreira da Copa Galicia da especialidade e aquí o noso Mario Fernández remataba no terceiro posto que lle valía para facerse coa Medalla de Bronce do Campionato de Galicia e co Subcampionato da Copa Galicia  

No hay comentarios:

Publicar un comentario