Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 3 de junio de 2018
LUCAS E UNAI PRIMEIROS E IKER SEGUNDO NA CARREIRA DE CASA
Gran tarde de ciclismo onte na Praza do Calvario e os seus arredores coa disputa do XIII Trofeo Montes do Rosal organizado polo equipo local, o Club Ciclista O Rosal en colaboración coa Comunidade de Montes de Santa Mariña, Concello do Rosal, Policía Local e outros moitos colaboradores con mención especial para Protección Civil de O Rosal que nesta carreira estreaba a súa colaboración co C. C. O Rosal.
A festa comenzaba cos Ximcaneiros e os primeiros en mostrar a súa destreza eran a categoría Promesa donde o local Lucas Alvarez era o máis rápido e se facía co primeiro posto, seguido de Diego Coimbra 7º, Aitor Rodríguez 8º, Iker González 9 e Edgar Alonso 10 mentras que en féminas chegaba o esperado debut da "benxamina" do Club que con catro anos ainda por cumplir acadaba o 6º posto e que non era outra que Lucía González mentras que a sua compañeira Saray Coimbra vítima do neviosismo cometía algún erro e remataba na 5ª posición.
En Principiantes de novo Unai Fernández no mais alto o acadar o 1º posto, con Roi Alvarez a piques de subir tamén o podio o rematar 4º.
Iker Rodríguez "xogaba" na casa e de novo mostraba a súa valía o acadar o 2º posto mentras que os seus compañeiros se esforzaban por acadar postos altos e Pablo Rodríguez era 12º, Diego Adrover 20º, David Vicente 26º e Alvaro González 27º.
En Infantís fantástico 6º posto de Javi Sanz a quen mais cedo que tarde acabaremos por velo subir o podio.
Iago Alvarez era o noso representante na categoría Cadete masculina rematando no 26º posto mentras que en féminas o 5º era o posto co que se facía Irea Villa.
FOTOS DA CARREIRA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario