Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 24 de junio de 2018

FIN DE SEMANA TREMENDAMENTE POSITIVO





Medalla de Bronce Campionato de Galicia de BTT, vitória no Open de España de Enduro, podios en Negreira e Mini BTT de Sanxenxo.
Foi ésta unha intensa fin de semana con diversos desprazamentos con dous "rosaleiros" en Sanxenxo para na mañán de onte sabado tomar parte no Mini BTT desta localidade do Salnés donde Iker González acadaba un gran 7º posto en Benxamíns e Unai Fernández o 15º en Principiantes.

Xa pola tarde no mesmo Sanxenxo disputabanse os Campionatos de Galicia de BTT XCO donde participaba a nosa "añorada" Zaida González que despois de dous anos e medio por terras de Lugo e Italia, voltaba o "seu fogar" para estar de novo con nós e acadar a Medalla de Bronce Sub-23 nestes Campionatos de Galicia.

Tamén onte pola tarde e baixo uns 34-35 grados, a nosa xente non se arremedaba e plantaballe cara o calor para que Lucas Alvarez acadase o 2º posto en Promesas, seguido de Aitor Rodríguez no 5º, Diego Coimbra no 9º, Edgar Alonso no 10º e Alan Alonso 14º.
Nesta mesma categoría pero en féminas, Saray Coimbra voltaba o podio co 3º posto.
Pola súa banda Roi Alvarez quedaba a un posto do "caixón" e remataba 4º en Principiantes.

En Alevín a fémina Irene Rodríguez acadaba o 7º posto mentras que en masculino era o regular Iker Rodríguez o que de novo estaba no podio, concretamente no 3º posto.

Cando tan só tiñan transcurridos 500 metros da carreira de Infantís e cando marchaba cos primeiros, unha caída deixaba no derradeiro posto a Javi Sanz que despois se recuperaba  e ascendía varios postos para rematar 16º.

A seguinte carreira era a de Irea Villa na que problemas estomacales e unha avaría mecánica impedíanlle ir máis aló da 6º praza final na categoría Cadete mentras que Iago Alvarez nunha boa carreira acadaba o 18º posto en masculino.

E chegamos a mañán de hoxe domingo o Concejo de Tineo (Asturias) donde Mario Fernández defendía o liderato do Open de España de BTT Enduro na derradeira proba desta especialidade coa disputa do TUÑA GRAVITY ENDURO RACE, e aquí o calculador Mario remataba no terceiro posto do podio que lle era dabondo para facerse co Título de Open de España.
FOTOS




No hay comentarios:

Publicar un comentario