Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 30 de junio de 2018

EN REDONDELA ACADARONSE CATRO NOVOS PODIOS




III Trofeo Concello de Redondela e de novo voltamos para O Rosal con outros catro podios.
Era na categoría Promesa donde os nosos estaban a piques de facer "pleno" e copar os tres postos do caixón, pois o primeiro era para Lucas Alvarez e o segundo para Diego Coimbra que se estreaba no podio e xa no cuarto posto remataba Aitor Rodríguez seguido por  Iker González 14º, Edgar Alonso 15º e Alan Alonso 20º.
En féminas Saray Coimbra que desta volta non estaba moi acertada tiña que conformarse coa 6ª posición e Lucía González coa 7ª.

En Principiantes temos dous representantes e os dous subiron o podio, pois Unai Fernández voltaba o mais alto o rematar primeiro e Roi Alvarez quedábase co 3º.

En Alevíns outra gran carreira de Iker Rodríguez pero que non era dabondo para alcanzar posto de podio e remataba 4º mentras tanto Pablo Rodríguez era 18º e Diego Adrover 19º.

En Infantís contamos de novo con Javi Sanz que acadou o 11º posto e na categoría Cadete 23º posto para Iago Alvarez e o 7º para Irea Villa en féminas.
FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario