Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 22 de julio de 2018

DOUS PRIMEIROS E UN TERCEIRO QUE VEÑEN DE LUOU (TEO)




Dous frentes abertos na loita d@s nos@s ciclistas na mañán de hoxe domingo, no XIX Trofeo Vila de Luou e o II MiniBTT Concello de Ferrol.

En Luou o primeiro en "bicar o santo" foi Aitor Rodríguez que se facía coa vitória na categoria Promesas mentras que Diego Coimbra era 6º, Edgar Alonso 11º, Lucas Alvarez 12º e Alan Alonso 16º mentras que a fémina Saray Coimbra acadaba o 4º posto.

En Principiantes chegarían os outros dous podios de mans dos nosos dous representantes co 1º para Roi Alvarez e o 3º para Unai Fernández.

En Alevíns o millor "rosaleiro" era Pablo Rodríguez no 9º posto seguido de Diego Adrover no 11º, Alvaro González no 29º e David Vicente no 30º.

En Infantís de novo Javi Sanz andaba preto do podio e remataba na 5ª posición mentras que en Cadetes Iago Alvarez era 33º e Irea Villa 4ª en féminas.

Mentras tanto Lucía e Iker González Baz participaban no Mini Btt de Ferrol donde acadaban os postos 9º e 8º respectivamente.
FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario