Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 2 de julio de 2018

A NOSA XENTE TRAE PARA O ROSAL SEIS NOVOS PODIOS




O "botín" de onte foi de seis podios traídos de Teis despois da paliza do sabado en Redondela e sin descanso, mentras outros tres "rosaleiros" participaban no Mini BTT de Betanzos.

Como de costume, os ximcaneiros eran os que acadaban o maior número de trofeos comenzando polos Promesas con Lucas Alvarez 3º clasificado, Aitor Rodríguez 5º, Diego Coimbra 6º, Edgar alonso 13º e Alan Alonso 17º mentras que a fémina Saray Coimbra se facía con outro podio o rematar 3ª.

En Principiantes un único participante que non era outro que Roi Alvarez e que remataba 4º.
Despois da ximcana, o Club Ciclista Teis organizou unha pequena carreira de velocidade donde chegaban outros tres podios con estes resultados: Roi Alvarez 1º, Aitor Rodríguez 1º e Saray Coimbra 2ª.

Chegaba a volta dos Alevíns e despois dun longo ataque, era o pletórico Iker Rodríguez o que se levaba unha merecidísima vitória. Boa carreira tamén a de Pablo Rodríguez que melloraba con repecto a carreiras anteriores e remataba 7º seguido de Diego Adrover que era 17º.

O Infantil Javi Sanz facía a sua millor carreira da tempada e a piques estaba de subir o podio o rematar no 4º posto.

En Cadetes Iago Alvarez acadaba o 26º posto mentras que na mesma categoría Irea Villa se facía co 5º posto de féminas.
FOTOS TEIS

Xa no Mini BTT de Betanzos  participaban na categoría Benxamín @s irmans González Baz co debut na especialidade de Lucía que se facía co 16º posto mentras que Iker era 13º en masculino.
En Principiantes o 16º posto era o que acadaba Unai Fernández.
FOTOS BETANZOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario