Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
lunes, 9 de julio de 2018
MEDALLA DE BRONCE DE MARIO NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE ENDURO
SuperMario Fernández voltou a darnos outra inmensa alegría, pois pasouse a fin de semana nas Illas Canarias para defender as cores da Selección Galega de BTT Enduro nos Campionatos de España na localidade de Teror.
Despois de pasar por fases de estar loitando polo primeiro posto, o "gran" Mario remataba na terceira posición para traerse para O Rosal a Medalla de Bronce da categoría Júnior.
Como podedes ver os irmáns Fernández Lorenzo "vaille a marcha" dos Campionatos de España, pois non esquecemos que en xaneiro de 2014, Raúl xa se proclamara Campión de España de Ciclocróss Júnior.
Encantados con esta grande "fazaña" de Mario, non nos esquecemos dos seus compañeiros de equipo que están traballando para nun futuro non moi lonxano, acadar éxitos como éstes e que onte en Cangas tamén se facían con dous primeiros postos e un terceiro entre outros.
En Promesas chegaba o primeiro deles co primeiro posto de Aitor Rodríguez, o que seguían Diego Coimbra 9º i Edgar e Alan Alonso 13º e 14º respectivamente. Nesta mesma categoría pero en féminas, de novo Saray Coimbra voltaba o mais alto o acadar a vitória.
Os Principiantes tamen quedaban moi preto do podio con Roi Alvarez 4º e Unai Fernández 5º.
Podio de novo para Iker Rodríguez na categoría Alevín o rematar no 3º posto. Pablo Rodríguez sería 10º, Diego Adrover 24º, David Vicente 28º e Alvaro González 30º mentras que a fémina Irene Rodríguez remataba no 8º posto.
Gran carreira de Javi Sanz o que a falta de experiencia lle impedía subir o podio o ser adiantado na mesma liña de meta e rematar no 4º posto de Infantís.
FOTOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario