Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 15 de julio de 2018

GRAN CARREIRA DE IREA VILLA NO CAMPIONATO DE GALICIA DE FONDO EN ESTRADA


O Club Ciclista Marín organizou na tarde de onte sabado os Campionatos de Galicia de Fondo en Estrada que coincidian coas celebración das Festas da Virxe do Carme.

As 14:30 comenzaron os rapaces da categoría Júnior donde o noso cluble non tiña participacíón, para as 16:45 dar paso os Cadetes masculinos donde o noso representante Iago Alvarez que nos primeiros kilómetros de carreira marchaba no grupo de cabeza e que logo segun iba transcurrindo a carreira ir perdendo tempo e a falta de escasos kilómetros para a meta, era baixado da carreira quedanado no posto 50º.

Despois chegaría o turno de féminas Máster, Elite, Sub 23, Júnior e Cadete con Irea Villa como representante rosaleira na categoría de Cadete. Comenzaron as categorías "maiores" e o primeiro paso por meta as Cadetes incorporabanse a carreira donde Irea se acoplaba o pelotón circulando compacto durante 14 kms. e xusto neste punto Irea xunto con duas compañeiras se quedaba un chisco descolgada tendo por diante o primeiro alto con rampas moi duras para logo encarar o descenso ata Marín e de novo afrontar o derradeiro ascenso, éste con rampas casi "imposibles" para logo afrontar outro descenso pero éste cara a meta , meta que Irea cruzaba na sétima posición pero que sen lugar a dúbidas podemos calificar como a súa millor carreira en estrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario