Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 26 de agosto de 2018

FIN DE SEMANA POR PARTIDA DOBRE EN VIGO E MINI BTT EN O CARBALLIÑO






Visitamos Vigo onte sabado e hoxe domingo pola mañán, e tamén hoxe o ourensán concello de O Carballiño con tres podios traídos da cidade olívica.

En Vigo comenzabamos onte pola tarde cos Ximcaneiros donde acadabamos podio por partida dobre na categoría Promesas con Aitor Rodríguez que subía ata o 2º posto e Diego Coimbra no 3º mentras que os seus compañeiros eran Lucas Alvarez 5º, Iker 8º,  Edgar Alonso 10º e Alan Alonso 14º. En féminas Saray Coimbra acadaba a 5ª praza e Lucía González a 6ª.

En Principiantes Unai Fernández era o autor do millor tempo que o colocaba na primeira posición pero unha reclamación atribuíndolle un erro o baixaba a 7ª praza mentras que Roi Alvarez era 8º.

En Alevíns de novo Iker Rodríguez estaba no "caixón" o rematar no 3º posto logo dun apretado esprint. Pablo Rodríguez acadaría o posto 15º, Diego Adrover o 20º, David Vicente o 28º e Alvaro González o 31º mentras que Irene Rodríguez era 7ª en féminas.

En Infantís o noso Javi Sanz demostrou que a vitória acadada a semana pasada nas Faias lle vai dando a confianza para loitar polos primeiros postos e onte atacou varias veces liderando a carreira por momentos e que o final acadaría a 7ª posición.

Remataban os Cadetes e Iago Alvarez vítima dunha avaría remataría 28º mentras que a fémina Irea Villa sería 6ª.

Na mañán de hoxe disputabase un primeiro sector cunha cronoescalada dende a Porta do Sol ata o alto do Monte Castro e un segundo sector cunha carreira o redor do citado Monte Castro.
Iago Alvarez acadaba o 19º posto no primeiro sector e o 23º no segundo o que lle vaía para rematar 21º mentras que Irea Villa despois dunha magnífica prestación nas dúas mangas donde acadaba o 4º posto e polo tanto o mesmo posto final.

Os mais peques desprazaronse ata O Carballiño para a disputa do II Mini Btt Concello do Carballiño, donde en Benxamín a fémina Lucía Gonzalez acadaba a 10º posición mentras que en masculino o seu irmán Iker cada vez vai estando mais preto do podio e hoxe remataba 5ºobtendo desta maneiro o seu primeiro trofeo mentras que Alan Alonso era 27º.
En Promesas era Edgar Alonso o noso representante e remataba no 31º posto.
Bon resultado tamén para Unai Fernández que acadaba o 14º posto en Principiantes mentras que Roi Alvarez era 35º.
Remataba o Alevín Alvaro González na 50ª praza.
FOTOS

lunes, 20 de agosto de 2018

LUCÍA, IKER E UNAI NO II MINI BTT SONENSE




Por si algén lle quedaban dúbidas de que o ciclismo se leva na sangue, "para mostra un botón" como se acustuma a decir. Pois esa mostra foron Lucía e Iker González e Unai Fernández que si o sabado non lles chegou co XXVII Trofeo Pista de As Faias, na mañán de onte voltaban a madrugar para desprazarse até Porto do Son para disputar o II Mini Btt organizado polo C.C. Sonense.

En Benxamín era Lucía a que se facía co 6º posto de féminas mentras que seu irmán Iker acadaba o mesmo resultado en masculino, ou sexa tamén 6º.
Remataba o Principiante Unai  que se levaba o 17º posto.

domingo, 19 de agosto de 2018

¡¡¡¡¡JAVI SANZ SOBE POR PRIMEIRA VEZ O PODIO E FAINO NA CARREIRA DA CASA CON VITORIA!!!!!








Xa o advertíamos fai unha semana de que mais cedo que tarde Javi Sanz subiría o podio e gracias a preparación metódica desta carreira na que Javi foi "aleccionado" por Eva Lomba e Alberto Rodríguez, a súa primeira subida o podio non poido ser millor, xa que alén de facelo na carreira que o seu clube (Club Ciclista O Rosal) organizaba na Pista de Ciclismo de As Faias, ainda por enriba o facía cunha vitória de dominio que se fraguou nas primeiras curvas da derradeira volta, donde  demarrou para coller unha vintena de metros de vantaxe que serían irrecuperables para os seus rivais da categoría Infantíl.
E hoxe voltamos a advertir que onte foi a primeira pero de seguro que no futuro Javi nos voltará a dar grandes alegrías.

En Alevíns tamén esperabamos grandes cousas por parte dos nosos e non defraudaron. Pola súa parte Iker Rodríguez tomaba a saída coa mente posta na vitória pero que a fin se tiña que conformar cun gran segundo posto. Moi boa carreira tamén dos seus compañeiros xa que Pablo Rodríguez remataba 9º, Diego Adrover 11º, David Vicente 17º e Alvaro González 19º mentras que unha gran Irene Rodríguez acadaba a 4ª posición na liña de meta.

Tamén agardabamos bos resultados dos "ximcaneiros" e como de costume non nos defraudaron pois en Principiantes os dou representantes estaban no podio xa que Unai Fernández nunha proba perfecta se facía coa vitória mentras que Roi Alvarez que cometía un erro aínda era quién de facerse co 3º posto.

Nos Promesas igual que en Principiantes tamén tiñamos postos de podio con Saray Coimbra se facía co terceiro e Lucía González co 4º en féminas mentras que en masculino desta volta era Lucas Alvarez o que se facía coa vitória mentras que Diego Coimbra era 5º, Iker González 7º, Aitor Rodríguez 8º e Alan Alonso 11º.
Non poido participar nesta categoría Edgar Alonso que se atopaba no hospital por problemas de saúde e o que lle desexamos unha pronta recuperación.
FOTOS

jueves, 16 de agosto de 2018

AITOR E UNAI VENCEN EN BETANZOS





Onte pola mañán tocou madrugón, pois cando saíamos de O Rosal ainda era noite pero pagou a pena xa que aparte de que Unai e Aitor trouxeron cada un seu triunfo para O Rosal xunto co 5º posto de Irea, o mais importante foi o ben que o pasaron os nosos peques no espectacular Parque do Pasatempo de Betanzos.

No que respecta a competición en sí, Aitor Rodriguez de novo no mais alto o facerse coa vitória en Promesas secundado polos irmans Alonso Juan co 7º posto para Edgar e o 17º para Alan mentras que os outros irmáns Iker e Lucía González eran 11º e 12º en féminaspara ésta última.

En Principiantes nova vitória para un dos nosos, desta volta era Unai Fernández o que subía o mais alto mentras que Roi Alvarez era 7º.

En Alevíns non lle saíron ben as cousas a Iker Rodríguez que desta volta tiña que conformarse co 6º posto mentras que o 19º era para Diego Adrover. Pola súa banda Irene Rodríguez era 11ª en féminas.

Unha mala saída penalizou a Javi Sanz que tivo que ir toda a carreira en solitario remontando posicións para na derradeira volta alcanzar os de cabeza e rematar 7º totalmente fundido.

Remataba a Cadete Irea Villa que se achegaba o podio o rematar na 5ª posición .


FOTOS

E para o sabado vos esperamos en Tabagón dode imos organizar o XXVII Trofeo Pista de As Faias para Promesas, Principiantes, Alevíns e Infantís.


domingo, 12 de agosto de 2018

EN CAMBADOS VITÓRIAS DE LUCAS E ROI CON SEGUNDO POSTO DE DIEGO E IKER E TERCEIRO DE SARAY






Por coincidencia coas Festas do Monte, só se desprazaron  dez corredores o 50º G.P. do Albariño organizado polo C.C. Cambados comandado polo incombustible Ernesto Falcón. A colleita nesta carreira foi fantastica xa que a metade deles subiron o podio con mención para os ximcaneiros que dos catro participantes, os catro subiron o "caixón".

O primeiro era Lucas Alvarez que se facía coa vitória en Promesas secundado polo entusiasmado Diego Coimbra que era segundo mentras que a súa irmá Saray tamén se levaba outro trofeo o rematar terceira en féminas.

En Principiantes, terceira vitória consecutiva de Roi Alvarez que se levaba o primeiro posto de maneira incontestable.

Gran carreira de Iker Rodríguez na categoría Alevín donde se disputaba a vitória nun apuradísimo esprint final con Gael García (C.C. Compostelano) que caería do lado deste último sendo Iker o segundo clasificado mentras que Pablo Rodríguez era 15º.

Boa carreira tamén para Javi Sanz que ainda non foi capaz de chegar o podio pero que podemos asegurar que mais cedo que tarde  acadará ese obxetivo. Onte en Cambados chegaba no grupo do vencedor facendose coa 7ª posición en Infantís. Pola súa banda Irea Villa remataba  6ª en Cadetes féminas mentras que en masculino Iago Alvarez era 36º.

Hoxe pola mañán no Mini BTT de Maceda Unai Fernández  remataba nunha óptima 18ª posición en Principiantes
FOTOS  


sábado, 4 de agosto de 2018

NOVA VITÓRIA DE ROI ALVAREZ E TERCEIROS POSTOS DE IKER E LUCAS



XXVIII Trofeo Concello de Cambre disputado no polígono industrial do Espíritu Santo donde os nosos acadaron tres podios.

O primeiro deles chegaba da man de Lucas Alvarez que era 3º seguido de Diego Coimbra 4 e Saray Coimbra tamén 4ª, todos eles en categoría Promesa.

Roi Alvarez era o que se facía coa vitória de Principiantes con Unai Fernández 8º.

En Alevín de novo Iker Rodríguez subía o "caixón" o rematar no 3º lugar mentras que Pablo Rodríguez era 11º.

O 7º posto na categoría Infantíl era para Javi Sanz mentras que Iago Alvarez era 38º en Cadete.
FOTOS