Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 26 de agosto de 2018
FIN DE SEMANA POR PARTIDA DOBRE EN VIGO E MINI BTT EN O CARBALLIÑO
Visitamos Vigo onte sabado e hoxe domingo pola mañán, e tamén hoxe o ourensán concello de O Carballiño con tres podios traídos da cidade olívica.
En Vigo comenzabamos onte pola tarde cos Ximcaneiros donde acadabamos podio por partida dobre na categoría Promesas con Aitor Rodríguez que subía ata o 2º posto e Diego Coimbra no 3º mentras que os seus compañeiros eran Lucas Alvarez 5º, Iker 8º, Edgar Alonso 10º e Alan Alonso 14º. En féminas Saray Coimbra acadaba a 5ª praza e Lucía González a 6ª.
En Principiantes Unai Fernández era o autor do millor tempo que o colocaba na primeira posición pero unha reclamación atribuíndolle un erro o baixaba a 7ª praza mentras que Roi Alvarez era 8º.
En Alevíns de novo Iker Rodríguez estaba no "caixón" o rematar no 3º posto logo dun apretado esprint. Pablo Rodríguez acadaría o posto 15º, Diego Adrover o 20º, David Vicente o 28º e Alvaro González o 31º mentras que Irene Rodríguez era 7ª en féminas.
En Infantís o noso Javi Sanz demostrou que a vitória acadada a semana pasada nas Faias lle vai dando a confianza para loitar polos primeiros postos e onte atacou varias veces liderando a carreira por momentos e que o final acadaría a 7ª posición.
Remataban os Cadetes e Iago Alvarez vítima dunha avaría remataría 28º mentras que a fémina Irea Villa sería 6ª.
Na mañán de hoxe disputabase un primeiro sector cunha cronoescalada dende a Porta do Sol ata o alto do Monte Castro e un segundo sector cunha carreira o redor do citado Monte Castro.
Iago Alvarez acadaba o 19º posto no primeiro sector e o 23º no segundo o que lle vaía para rematar 21º mentras que Irea Villa despois dunha magnífica prestación nas dúas mangas donde acadaba o 4º posto e polo tanto o mesmo posto final.
Os mais peques desprazaronse ata O Carballiño para a disputa do II Mini Btt Concello do Carballiño, donde en Benxamín a fémina Lucía Gonzalez acadaba a 10º posición mentras que en masculino o seu irmán Iker cada vez vai estando mais preto do podio e hoxe remataba 5ºobtendo desta maneiro o seu primeiro trofeo mentras que Alan Alonso era 27º.
En Promesas era Edgar Alonso o noso representante e remataba no 31º posto.
Bon resultado tamén para Unai Fernández que acadaba o 14º posto en Principiantes mentras que Roi Alvarez era 35º.
Remataba o Alevín Alvaro González na 50ª praza.
FOTOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario