Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 12 de agosto de 2018

EN CAMBADOS VITÓRIAS DE LUCAS E ROI CON SEGUNDO POSTO DE DIEGO E IKER E TERCEIRO DE SARAY






Por coincidencia coas Festas do Monte, só se desprazaron  dez corredores o 50º G.P. do Albariño organizado polo C.C. Cambados comandado polo incombustible Ernesto Falcón. A colleita nesta carreira foi fantastica xa que a metade deles subiron o podio con mención para os ximcaneiros que dos catro participantes, os catro subiron o "caixón".

O primeiro era Lucas Alvarez que se facía coa vitória en Promesas secundado polo entusiasmado Diego Coimbra que era segundo mentras que a súa irmá Saray tamén se levaba outro trofeo o rematar terceira en féminas.

En Principiantes, terceira vitória consecutiva de Roi Alvarez que se levaba o primeiro posto de maneira incontestable.

Gran carreira de Iker Rodríguez na categoría Alevín donde se disputaba a vitória nun apuradísimo esprint final con Gael García (C.C. Compostelano) que caería do lado deste último sendo Iker o segundo clasificado mentras que Pablo Rodríguez era 15º.

Boa carreira tamén para Javi Sanz que ainda non foi capaz de chegar o podio pero que podemos asegurar que mais cedo que tarde  acadará ese obxetivo. Onte en Cambados chegaba no grupo do vencedor facendose coa 7ª posición en Infantís. Pola súa banda Irea Villa remataba  6ª en Cadetes féminas mentras que en masculino Iago Alvarez era 36º.

Hoxe pola mañán no Mini BTT de Maceda Unai Fernández  remataba nunha óptima 18ª posición en Principiantes
FOTOS  


No hay comentarios:

Publicar un comentario