Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 19 de agosto de 2018

¡¡¡¡¡JAVI SANZ SOBE POR PRIMEIRA VEZ O PODIO E FAINO NA CARREIRA DA CASA CON VITORIA!!!!!








Xa o advertíamos fai unha semana de que mais cedo que tarde Javi Sanz subiría o podio e gracias a preparación metódica desta carreira na que Javi foi "aleccionado" por Eva Lomba e Alberto Rodríguez, a súa primeira subida o podio non poido ser millor, xa que alén de facelo na carreira que o seu clube (Club Ciclista O Rosal) organizaba na Pista de Ciclismo de As Faias, ainda por enriba o facía cunha vitória de dominio que se fraguou nas primeiras curvas da derradeira volta, donde  demarrou para coller unha vintena de metros de vantaxe que serían irrecuperables para os seus rivais da categoría Infantíl.
E hoxe voltamos a advertir que onte foi a primeira pero de seguro que no futuro Javi nos voltará a dar grandes alegrías.

En Alevíns tamén esperabamos grandes cousas por parte dos nosos e non defraudaron. Pola súa parte Iker Rodríguez tomaba a saída coa mente posta na vitória pero que a fin se tiña que conformar cun gran segundo posto. Moi boa carreira tamén dos seus compañeiros xa que Pablo Rodríguez remataba 9º, Diego Adrover 11º, David Vicente 17º e Alvaro González 19º mentras que unha gran Irene Rodríguez acadaba a 4ª posición na liña de meta.

Tamén agardabamos bos resultados dos "ximcaneiros" e como de costume non nos defraudaron pois en Principiantes os dou representantes estaban no podio xa que Unai Fernández nunha proba perfecta se facía coa vitória mentras que Roi Alvarez que cometía un erro aínda era quién de facerse co 3º posto.

Nos Promesas igual que en Principiantes tamén tiñamos postos de podio con Saray Coimbra se facía co terceiro e Lucía González co 4º en féminas mentras que en masculino desta volta era Lucas Alvarez o que se facía coa vitória mentras que Diego Coimbra era 5º, Iker González 7º, Aitor Rodríguez 8º e Alan Alonso 11º.
Non poido participar nesta categoría Edgar Alonso que se atopaba no hospital por problemas de saúde e o que lle desexamos unha pronta recuperación.
FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario