Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

jueves, 16 de agosto de 2018

AITOR E UNAI VENCEN EN BETANZOS





Onte pola mañán tocou madrugón, pois cando saíamos de O Rosal ainda era noite pero pagou a pena xa que aparte de que Unai e Aitor trouxeron cada un seu triunfo para O Rosal xunto co 5º posto de Irea, o mais importante foi o ben que o pasaron os nosos peques no espectacular Parque do Pasatempo de Betanzos.

No que respecta a competición en sí, Aitor Rodriguez de novo no mais alto o facerse coa vitória en Promesas secundado polos irmans Alonso Juan co 7º posto para Edgar e o 17º para Alan mentras que os outros irmáns Iker e Lucía González eran 11º e 12º en féminaspara ésta última.

En Principiantes nova vitória para un dos nosos, desta volta era Unai Fernández o que subía o mais alto mentras que Roi Alvarez era 7º.

En Alevíns non lle saíron ben as cousas a Iker Rodríguez que desta volta tiña que conformarse co 6º posto mentras que o 19º era para Diego Adrover. Pola súa banda Irene Rodríguez era 11ª en féminas.

Unha mala saída penalizou a Javi Sanz que tivo que ir toda a carreira en solitario remontando posicións para na derradeira volta alcanzar os de cabeza e rematar 7º totalmente fundido.

Remataba a Cadete Irea Villa que se achegaba o podio o rematar na 5ª posición .


FOTOS

E para o sabado vos esperamos en Tabagón dode imos organizar o XXVII Trofeo Pista de As Faias para Promesas, Principiantes, Alevíns e Infantís.


No hay comentarios:

Publicar un comentario