Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 30 de septiembre de 2018
NA NOITE DE PORRIÑO TAMÉN ACADAMOS PODIOS
Antesdonte venres en Porriño celebrouse a Clásica Nocturna donde se participou dende as 20:00 horas ata a media noite e a nosa xente tamén se facía ver na oscuridade.
Como de costume @s nos@s ximcaneir@s non defraudaban e en Promesas a primeira en acadar trofeo era Saray Coimbra que se facía co terceiro posto mentras que Lucía González era 5ª. En masculino dous novos podios con Lucas Alvarez que era o vencedor e Diego Coimbra que remataba no 3º seguidos por Iker González 8º, Aitor Rodríguez 9º, Edgar Alonso 12º e o seu irmán Alan 29º.
En Principiantes desta volta non tiñamos postos de podio pero quedabamos moi perto, pois Roi Alvarez era 4º e Unai Fernández 5º.
En Alevíns, de novo o incombustible Iker Rodríguez cruzaba a liña de meta na 3ª posición mentras que Pablo Rodríguez era 12º, Diego Adrover 15º e David Vicente 26º mentras que en féminas Irene Rodríguez se facía co 8º posto.
En Infantís Javi Sanz non tiña as millores sensacións e remataba no 10º posto mentras que en Cadete a fémina Irea Villa remataba as portas do podio, concretamente no 4º posto.
Unha das bos novas chegaba da man de Zaida González que voltaba a competir en estrada e o facía co derradeiro podio da noite o rematar no 3º posto na categoría Sub-23 de féminas.
FOTOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario