Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 30 de septiembre de 2018

PECHAMOS O CALENDARIO GALEGO CON NOVOS PODIOS NO G.P. SANFROILÁN DE LUGO




O G.P. San Froilán e a carreira que pecha o calendario galego de estrada e dende alí a pequena representación rosaleira non quería vir coas mans baleiras e sumaban catro novos podios.

En Promesas de novo Saray Coimbra subía ata o terceiro posto do "caixón" en féminas mentras que en masculino Aitor Rodríguez tamén despedía a tempada con podio o rematar no 2º posto seguido moi de perto por Diego Coimbra que era 4º.

En Principiantes despedíase da categoría Unai Fernández co 3º posto do podio seguido de Roi Alvarez que era 4º.

Outro que despedía a categoría en Galicia era Iker Rodríguez que en Alevíns se lle escapaba a vitória por tan só trinta centímetros e remataba no 2º posto mentras que en féminas Irene Rodríguez facía 12ª.

En Infantís a 8ª praza era para Javi Sanz que para o ano que ven xa será Cadete, categoría que abandona a fémina Irea Villa que pasará a competir en Júnior e que no día de onte acadaba a 6ª posición.
FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario