Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 23 de septiembre de 2018

TRAEMOS TRES VITÓRIAS DO 55º G.P. MILAGROSA DE LUGO


Tardes de éxitos e de fiascos onte no 55º G.P, Milagrosa de Lugo de donde voltabamos con tres novas vitórias e outros tres podios mais que se escapaban por desgraza dos nosos ciclistas.

Os primeiros triunfos chegaban de parte da categoría Promesa donde a fémina Saray Coimbra cun dominio absoluto da súa bici, se facía coa vitória mentras que en masculino era Aitor Rodríguez o que voltaba a dominar e se facía coa vitória en masculino con Diego Coimbra moi perto o rematar 5º.

O terceiro triunfo chagaba na categoría Principiante cun Roi Alvarez que mostrou unha destreza e velocidade apabullante. Logo era a quenda de Unai Fernández e cando todo apuntaba a outro doblete dos nosos, unha inoportuna avaría mecánica nos derradeiros metros facía que tivese que votar o pé a terra e empurrar a súa bici ata a meta acadando o 13º posto final.

En Alevíns tamén estabamos gafados e cando Iker Rodríguez pelexaba pola vitória unha inoportuna caída na anteúltima cuva, facíalle perder toda a pisibilidade e remataba no 11º posto mentras que Diego Adrover que non tiña a súa millor tarde acadaba o 32º posto. Irene Rodríguez pola súa banda realizaba unha gran carreira e remataba na 9º posición.

En Infantís era Javi Sanz o que padecía a mala sorte imitando a perfeccíon o seu compañeiro Iker, pois cando tamén loitaba pola vitória outra caída na mesma anteúltima curva lle  facía que se reincorporase na 19ª posición o cruzar a meta.

Remataba a nosa participación neste G.P. Milagrosa a "coraxosa" Irea Villa que na categoría Cadete acadaba a 5ª posición.   
FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario