Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 10 de septiembre de 2018

LUCAS E UNAI TRAEN CADA UN SÚA VITÓRIA DE MARÍN


XXIV Trofeo Virxe do Porto en Marín onte pola mañán, de donde os nosos traen dúas vitórias.

A primeira delas viña da man de Lucas Alvarez na categoría Promesas mentras que Aitor Rodríguez autor dun dos millores tempos cometía un erro que lle facía baixar a 5ª posición seguido por Diego Coimbra no 10º posto, Iker González no 12º, Edgar Alonso no 13º e Alan Alonso no 21º. Pola súa banda a féminas Saray Coimbra e Lucía González eran 5ª e 10ª respectivamente.

En Principiantes chegaba a outra vitória por parte de Unai Fernández mentras que o seu compañeiro Roi Alvarez tamén facía moi bo tempo pero o que un erro na súa ximcana o facía baixar ata a 6ª praza.

En Alevíns Irene Rodríguez acadaba o 16º posto en féminas mentras que en masculino Iker Rodríguez quedaba as portas do podio o rematar 4º mentras que Diego Adrover era 22º.

Javi Sanz era outro que se quedaba as portas dos postos de podio o rematar tamén no 4º posto en Infantís, o mesmo que a fémina Irea Villa que nunha gran carreira tamén acadaba o 4º posto en Cadetes mentras que Iago Alvarez era 24º en masculino.
FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario