Na pasada fin de semana tocou un dos tres desprazamentos longos destes días dentro da comunidade galega, concretamente o domingo día 15 a Outeiro de Rei co gallo do II MINI BTT PENAS DE RODAS.
Na categoría de Benxamín feminino chegaba o podio para Zoe del Río que se facía co terceiro posto.
En Promesa o 18º lugar da clasificación era para Simón Amaro mentras que en feminino o 5º era para Itzel del Río.
En Principiante, 18º posto de Lucas Amaro e 20º para Mateo Rodríguez.
Na mañá de hoxe un único rosaleiro se desprazaba a Ferrolterra donde o Club Ciclista Esmelle organizaba o seu VII Trofeo de Mini BTT e alí Mateo Rodríguez acadaba o 12º posto.
Non moi lonxe de alí, en As Pontes, poñíanse en xogo as medallas dos Campionatos de Galicia de Contrarreloxo Individual, donde tomaban a saída catro dos nosos cadetes.
Iker Rodríguez foi o rosaleiro millor clasificado, colleitando un óptimo 7º posto, mentras que Manuel Domínguez e Miguel Teniente eran 30º e 31º respectivamente.
Pola súa banda a fémina Irene Rodríguez tamén se facía cun grande 9º posto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario