Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 22 de mayo de 2022

PODIOS DE ANTÍA, UNAI, IKER E DE LUCÍA POR PARTIDA DOBRE

 






Comenzamos esta fin de semana no día de onte co TROFEO CONCELLO DE CARBALLO (A CORUÑA), cara a donde xa de mañá partía a nosa expedición.

En Pomesa feminino nos chegaba o único podio da xornada da mán da incombustible Lucía González que acadaba o terceiro posto e que era seguida moi de perto pola súa compañeira Alba Rodríguez no 4º lugar. En masculino moi ilusionante o salto cara adiante dado por Roi Fernández que se levaba o 5º posto.

En Principiante feminino o igual que seu irmán Roi, Antía Fernández tamén se vai achegando os postos dianteiros da clasificación o rematar 6ª, e polo que respecta o masculino, Iker González tamén acadaba un óptimo 10º posto.

Saray Coimbra continúa coa súa progresión na categoría Alevín na que acadaba o 9º posto.

En Infantíl “tiro o pau” de Unai Fernández que se quedaba as portas do podio o rematar na 4ª posición, mentras que Roi Alvarez facía 16º.

E rematamos esta xornada de sábado coa categoría Cadete na que Iker Rodríguez continúa amosando o seu potencial o rematar na 6ª praza mentras que Manuel Domínguez era 31º e Miguel Teniente 32º. Polo que respecta a fémina Irene Rodríguez, anotámoslle a 7ª posición.

Xa nesta xornada dominical, tiñamos dou frentes abertos, un nos arredores do Estadio de San Lázaro en Santiago e outro no Mini Btt de Baños de Molgas.

Nesta última localidade ourensá, os inscritos polo Club Ciclista O Rosal eran Itzel del Río en Promesa feminino, Mateo Rodríguez  en Principiante e Xoel González en Alevín e os seus resultados quedaban da seguinte maneira: Itzel 4ª, Mateo 17º e Xoel 10º.

Polo que respecta a expedición de Santiago, na categoría Promesa feminino, Lucía González acadaba o seu segundo podio da fin de semana, pero desta volta lograba facerse coa vitória de maneira incontestable, con Alba Rodríguez que voltaba co 4º posto. En canto isto acontecía, en masculino o millor rosaleiro era Roi Fernández co 10º posto, o 13º de Iván Lázaro e o 16º de Aitor Castro.

Pasamos a categoría Principiante feminino e como decíamos máis arriba, Antía Fernández viña “pedindo paso” e en Santiago colleitaba o seu primeiro podio o rematar na 3ª posición, en masculino o seu compañeiro Iker González emulaba a súa irmán Lucía e tamén se facía co primeiro posto con Tiago Cedeira no 13º.

En Alevín feminino, no día de hoxe, Saray Coimbra voltou a mostrarnos que vai polo “bó camino” o rematar na sexta posición.

E chegamos a categoría Infantíl, donde Unai Fernández nos ofrecía un auténtico carreirón que se vía recompensado coa segunda praza do podio, mentras que Roi Alvarez tamén obtía unha grande prestación o rematar 7º.

Pechaba a nosa participación a Cadete Irene Rodríguez que pagaba o esforzo do día de onte en Carballo e remataba de novo na 7ª  posición.

FOTOS CARBALLO

FOTOS BAÑOS DE MOLGAS

FOTOS SANTIAGO

No hay comentarios:

Publicar un comentario