Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 8 de mayo de 2022

PODIOS DE LUCÍA E ARANTXA

 




Comenzamos na tarde de onte en Bembrive (Vigo) co Mini Btt que organizaba o Club Ciclista Vigués e que nos daba este resultados co terceiro posto de Lucía González en Promesa feminino. Os demais componentes do noso clube acadaban estes resultados:

BENXAMÍN: Lucas González 12º

PROMESA: Iván Lázaro 12º, Roi Fernández 21º e Simón Amaro 25º

PROMESA FEMININO: Lucía González 3ª e Alba Rodríguez 12ª

PRINCIPIANTE: Lucas Amaro: 15º, Mateo Rodríguez 18º, Marco Rodríguez 24º, Iker González 35º e Tiago Cedeira 37º

PRINCIPIANTE FEMININO: Itzael del Río 6ª

PRINCIPIANTE FEMININO: Antía Fernández 18ª

ALEVÍN: Xoel González 19º e Aitor Gil 37º

INFANTIL: Unai Fernández 18º e Roi Alvarez 46º

Por outro lado comenzaba na noite de onte cun tramo nocturno o ENDURRAZO de Moaña, proba da Copa de España de Enduro donde xá na mañá de hoxe a nosa Cadete Arantxa Gómez confirmaba o podio co segundo posto mentras que en Cadete masculino Diego Adrover e Manuel Domínguez eran 21º e 22º respectivamente.

Tamén na mañá de hoxe no veciño Portugal, Irene Rodríguez e Iker Rodríguez tomaban a saída nos “adoquíns” do 18º Prémio ACR Roriz (Barcelos). Irene facíase co 6º posto en Cadete féminas e Iker víase obrigado a abandonar a carreira por mor dunha avaría mecánica.

BEMBRIVE

ENDURRAZO MOAÑA

No hay comentarios:

Publicar un comentario