Terceira proba puntuable antesdonte sábado para a Copa Galicia de Ciclocross nos arredores do Estadio de San Lázaro no habitual circuito donde o Club Ciclista Compostelano organizóu o XXI TROFEO DE CICLOCROSS CIDADE DE SANTIAGO.
Polo que respecta a nosa representación, Roi Alvarez participaba na categoría non competitiva de infantís mentras que Miguel Teniente disputaba a súa segunda carreira e acadaba o 20º posto da categoría Junior.
Pechábamos coa categoría Master 40 coa nosa fémina Ana Amaro na 6ª posición, con Oscar Trigo 45º e Borja Rodríguez 61º en masculino.
Por outro lado o Alevín Xoel González tamén voltaba a competición co MINI DH do Monte Vixiador en Vigo acadando un estupendo 10º posto da súa categoría.
No día de onte no mesmo circuito do Monte Vixiador, Arantxa Gómez e Diego Adrover participaban no VIGOENDURO que era a derradeira proba da Copa Galicia de Enduro e na categoría Cadete, Diego acadaba o 20º posto.
Arantxa voltaba a darnos outra gran alegría, pois vencía na súa categoría de Cadete féminas e o mesmo tempo proclamabase Campiona da Copa Galicia de Enduro categoría Cadete